• Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos
  • Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos
  • Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos
  • Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos
  • Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos
  • Foto de Ruta do megalistismo polos Penidos

Coordenadas 384

Fecha de subida 10 de enero de 2017

Fecha de realización enero 2017

-
-
789 m
470 m
0
2,0
4,1
8,14 km

Vista 795 veces, descargada 26 veces

preto de Recaré, Galicia (España)

Esta ruta iniciase próxima ao núcleo de Pardellas na parroquia de Santo Tome de Recaré (Concello de Valadouro) e ao Curro e Área Recreativa de San Tomé.
É unha ruta circular que discorre polos cumios dos Penidos de 800 m, por camiños e carreiros, pistas de terra , polo municipio de Valadouro. Parte da zona pertence a un Espazo Natural da Rede Natura 2000, a ZEC (Zona de Especial Conservación) Serra do Xistral, de grande interese ambiental e paisaxístico.
A ruta ten interese naturalista, paisaxístico, cultural, etnográfico, arqueolóxico.
Entre os puntos de interese da ruta destacan os seguintes:
Dolmen de San Tomé (Arca do Chan de Padorno)/Area recreativa de San Tomé e rapa da bestas (1 domingo de Agosto)/ Pasteiros de montaña/ Paisaxe de vales e cumios/ Gando en liberdade –vacas e cabalos/ Prado das Chantas (círculo lítico prehistórico ou construción (valado medieval) para o gando) / matogueira con uces e toxo/ Parque eólico do Leste/ Turbeiras/ Altos do Penido Novo e Vello miradoiro privilexiado da Serra do Xistral e vértice xeodésico/ Penedos graníticos e a erosión das pías/ Rego do Penido Novo e vexetación de ribeira/ volta ao curro de San Tomé.
Claro territorio de matogueira ou monte baixo con uces e toxos e pasteiros de media montaña. Presenza de turbeiras,brañas encharcadas con algunhas especies de interese como a orballiña, propia das turbeiras (hábitat prioritario na Rede Natura 2000) , tamén anfibios, na época pódense ver moitas postas cos seus ovos…
Xeoloxicamente falando, podemos gozar dos impresionantes penedos de granito e seixo.
Ademais da fauna silvestre asociada a estes ecosistemas como miñato, laverca, gatafornela, encontramos tamén vacas e cabalos en liberdade, a consecuencia das explotacións gandeiras extensivas da zona.
Precaucións:
Hai que ter conta de pechar as cancelas para o gando, coidado co aramio de espiño. Nos puntos onde se cruzan estes valados estaría ben instalar pasadoiros de sendeirista que eviten a saída do gando e faciliten a circulación doada das persoas. En dous puntos concretos resulta difícil traspasar o valado. Precaución os días de néboa, no alto.
No territorio das turbeiras ou tremedais, camiño ao Prado das Chantas, ter coidado, por que o solo é lamacento por veces, enchoupado, outras ten buratos inesperados.
Non é accesible a persoas con mobilidade reducida.
Arca Do Padorno (Anta) O Valadouro, ESP

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta