Tiempo en movimiento  2 horas 54 minutos

Tempo  5 horas 3 minutos

Coordenadas 2109

Fecha de subida 16 de junio de 2019

Fecha de realización junio 2019

-
-
1.055 m
853 m
0
4,0
8,0
15,96 km

Vista 12 veces, descargada 0 veces

preto de Garabelos, Galicia (España)

Ruta polos montes de Bande. A apliacación, ou o teléfono, ou o GPS non funcionaron correctamente polo que o track non é de utilidade. Curiosamente, si gardou as fotos de waipoints que non aparecen logo sobre o mapa (nin tampouco o percorrido certo).
Comentar que a ruta está sinalizada, se ben para facer en sentido horario. Facela ao contrario tampouco presenta desvantaxes. Está sinalizada e transcorre por pistas agás un pequeno anaco no Foxo dos Lobos en que a senda que se abriu está chea de mato de novo.
Nestes montes hai moitas pistas que se enlazan e entrecruzan polo que se poden facer diferentes alternativas. A que se pretendía seguir é esta de davidexordos: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/roteiro-do-monte-grande-2703762 pero modificando para poder visitar os petrógilfos. Este é un elemento MOI RECOMENDABLE. Está sinalizado o camiño de acceso ata a área pero logo custa atopar as laxes concretas das gravuras. Están a uns 8-10 metros máis abaixo dun cartel deteriorado que os documenta. Noutras rochas arredor hai coviñas doadamente observables.
O foxo do lobo está en ruinas agás unha pequena restauración da zona central. Os muros converxentes son longos e coa curiosidade dita de seren catro en forma de cruz.
Na contorma hai tamén mámoas (máis ou menos sinalizadas), pequenos lagos, áreas de lecer, fontes... Divísanse tamén bonitas panorámicas sobre os val do Limia, tanto cara a chaira coma cara a zona do encoro de Salas e o Couto Mixto.
En resumo unha ruta interesante para camiñar sen gran esforzo e con elementos de interese.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta