Coordenadas 1202

Fecha de subida 16 de octubre de 2018

Fecha de realización octubre 2018

-
-
717 m
249 m
0
3,5
7,0
13,95 km

Vista 230 veces, descargada 4 veces

preto de Campodola, Galicia (España)

Da información dos carteis da ruta, sacamos:

“Un pregamento xeolóxico é unha ondulación das capas superiores da codia terrestre provocada polo movemento das capas máis profundas da terra. Grazas a erosión, neste monte de Campadola e Leixazós apréciase con nitidez o proceso de pregamento.

Trátase dun sinclinal, é dicir, un pregamento de forma cóncava na que o eixo de flexión foi orixinalmente vertical. A forza tectónica fixo que as capas pregadas se curvasen ata que o eixo quedou en posición horizontal.

O pregamento de Campodola-Leixazós constitúe un exemplo típico do que se denomina pregamento deitado. As capas que o compoñen conteñen minerais de periodos xeolóxicos distintos: cuarcitas de ton claro do periodo Arenigiano (478-488 millóns de anos) e zonas de vexetación con lousa do Ordovícico Medio (458-478 millóns de anos). Enriba desta gran estrutura existiu outro pregamento de tamaño similar orientado en dirección inversa, un anticlinal, que despareceu a causa da erosión.

Este monte é un dos monumentos xeolóxicos máis valioso do mundo, polo que está catalogado como Lugar Xeolóxico de Relevancia Internacional, relativo ao Oróxeno Varisco.

O pregamento de Campodola amósanos que o solo, as rochas e as montañas, que nos parecen eternas e inmutables, móvense e cambian de forma. As veces en segundos ou en días (terremotos, volcáns) pero case sempre ao longo de milleiros ou millóns de anos. Xeneralmente só os minuciosos estudos dos xeólogos son capaces de descubrilos ou entendelos.

¿Por que é tan importante? Sinxelamente porque este monte ensínanos, á luz do sol, o que ocorre nas entrañas da terra, invisible aos nosos ollos.”



A ruta

“Esta ruta de sendeirismo consta de dous tramos ben diferenciados. O primeiro, partindo de Leixazós, percorre o val do río Ferreiriño polas dúas beiras do río ofrecendo espectaculares vistas, tanto do val como das formacións asociadas ao pregamento xeolóxico. O sendeiro avanza entre carballeiras e vexetación autóctona.

No segundo tramo da ruta cambiaremos de val para dirixirnos, por pistas de terra entre piñeiros, cara Campos de Vila.”

Engado eu que sendo a ruta lineal teremos que usar un segundo coche de apoio ou ben volver de regreso a Leixazós sobre as nosas pegadas e dado que o treito entre o Alto do Castelín e Campos de Vila ten moi pouco interese e supón subir de novo, a miña proposta é de seguir baixando polo val ata acadar o núcleo urbano de Quiroga. Se así o facedes, podedes realizar o roteiro collendo un taxi no centro que vós leve ata o comezo en Leixazós.

Ver más external

Aldea do concello de Quiroga.
Aldea no concello de Quiroga.
Divisoria entre os vals do río Ferreiriño e Quiroga.
Lugar do concello de Quiroga.
Vieiro entre Leixazós e Campodola.
Aldea do concello de Quiroga.
Punto de inicio da ruta en Leixazós.
Lugar no concello de Quiroga.
Aldea do concello de Quiroga, punto de inicio do noso roteiro.
Pasarela de madeira sobre o río Ferreiriño.
Pasarela de madeira sobre o regato Regueiral.
Paseo fluvial do río Quiroga.
Pregamento xeolóxico de Campadola.
Concello na provincia de Lugo e porta de entrada ao Courel.
Aldea no concello de Quiroga.
Pequeno tributario do río Quiroga.
Afluente do río Sil pola marxe dereita.
Sequeiro de castañas.
Sequeiro de castañas.
Bosque de castiñeiros entre Leixazós e Campodola.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta