Vista 3218 veces, descargada 100 veces
preto de Bembrive, Galicia (España)
Sinxela ruta nos arredores de Vigo, co acceso dende a estrada que comunica as parroquias de Bembrive e Beade, no lugar de Mourelle (Bembrive). A ruta está sinalizada nos primeiros 3,5 km e a primeira parte, dous quilómetros até a capela dos Ramallos ou de san Cibrán, paga a pena unha visita: varios muíños rehabilitados (o da Pedrosa en funcionamento), a fervenza de Bouzafría, que sempre leva caudal mais que en época de chuvias é espectacular, o camiño doado á beira do río, practicamente sen desnivel agás un par de tramos de escaleiras.
A ruta é algo máis esixente a partir da capela dos Ramallos, na que unha fonte. Ao pouco, o camiño pasa preto do muíño da Quebrada ou de Calderón e do serradoiro hidráulico e logo, xa en camiño máis ascendente, chega ao poboado medieval da Fraga, con casas que estiveron habitadas ata comezos do século XX.
Se continuamos a ascensión, poderemos gozar dunha boa panorámica de Vigo e da ría dende o parque forestal de Beade e remataremos a subida nunha antena que é ben visíbel dende a cidade de Vigo.
A ruta sinalizada remata no antigo poboado da Fraga, onde podemos observar as ruínas de varias edificacións. Se continuamos a ascensión, chegamos ao parque forestal de Beade, cunha panorámica estupenda sobre a ría, aínda que eu pillei algo de néboa. Un pequeno esforzo e chegamos a unha antena que resulta ben visíbel dende boa parte da cidade de Vigo.
Punto de información
Paneis informativos ruta
Paneis informativos ruta na estrada de Bembrive a Beade
Waypoint
Muíño do Sorrego
Waypoint
Muíño da Pedrosa
Fervenza
Muíño do Buraco e fervenza da Bouza Fría
Muíño do Buraco e fervenza da Bouza Fría
Waypoint
Muíño do Buraquiño
Sitio relixioso
Capela de san Cibrán ou dos Ramallos
Capela de san Cibrán ou dos Ramallos
Waypoint
Muíño do Calderón
Muíño do Calderón e aserradoiro hidráulico
Poboado da Fraga (Bembrive primitivo)
Picnic
Parque forestal de Beade
Comentarios