Descargar

Distancia

12,88 km

Desnivel positivo

26 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

26 m

Altitud máxima

17 m

Trailrank

73 4,8

Altitud mínima

-6 m

Trail type

Circular

Tempo

3 horas 12 minutos

Coordenadas

922

Fecha de subida

29 de abril de 2013

Fecha de realización

abril 2013
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
5 comentarios
 
Compartir
-
-
17 m
-6 m
12,88 km

Vista 9199 veces, descargada 132 veces

preto de Covas, Galicia (España)

O paseo transcorre polas beiras dun canso río Umia, xa preto da súa desembocadura, indo por terras de Ribadumia, algo de Cambados e un chisco de Vilanova de Arousa.
Comezamos ao carón do posto de turismo de Ribadumia, na rotonda de Barrantes e baixamos co río Armenteira -pasando polo pazo do século XVI- ata a ponte de Barrantes, onde entrega as súas augas ao Umia.
A partir de agora non abondonaremos as marxes do río Umia e por un doado sendeiro, sen perda posible, acadamos a ponte de Cabanelas, onde cambiamos de ourela para continuar por un treito no concello de Cambados.
Chegamos a Pontearnelas coa súa ponte reconstruída no século XVI por orde de Felipe II sobre outra máis antiga. Aquí confluien os concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa. Atravesada a ponte damos a volta e retornamos ao noso punto de comezo na rotonda de Barrantes.

Ver más external

Picnic

Area Lecer

  • Foto de Area Lecer
Área recreativa en Ponte Arnelas, as beiras do río Umia.
Sitio relixioso

Capela Sta Maria

  • Foto de Capela Sta Maria
  • Foto de Capela Sta Maria
Ermida en Pontearnelas, ao carón da ponte.
Foto

Lavadoiro

  • Foto de Lavadoiro
Lavadoiro no río Armenteira, ao comezo do percorrido en Ribadumia.
Picnic

Mesa

  • Foto de Mesa
Mesa con banco as beiras do río Umia, preto de Pontearnelas.
Ponte

Pasarela

  • Foto de Pasarela
Pasarela de madeira que permite o paso sobre o río Armenteira.
Caisleán

Pazo Barrantes

  • Foto de Pazo Barrantes
  • Foto de Pazo Barrantes
Pazo construido no século XVI e reformado no XVIII. Actualmente é sede dunhas bodegas.
Ponte

Pontearnelas

  • Foto de Pontearnelas
  • Foto de Pontearnelas
  • Foto de Pontearnelas
  • Foto de Pontearnelas
Neste lugar confluien os concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova de Arousa. A antiga ponte existente sobre o río Umia foi reconstruida no século XVI por orde de Felipe II. Tamén chamada Ponte dos Padriños.
Ponte

Ponte de Barrantes

  • Foto de Ponte de Barrantes
Ponte sobre o río Umia. Nos arredores hai un área de lecer.
Ponte

Ponte de Cabanelas

  • Foto de Ponte de Cabanelas
  • Foto de Ponte de Cabanelas
  • Foto de Ponte de Cabanelas
Ponte sobre o río Umia, construido no ano 1950 onde antigamente había un de madeira.
Ponte

Ponte de madeira

  • Foto de Ponte de madeira
  • Foto de Ponte de madeira
Ponte de madeira baixo o taboleiro da ponte nova de Santa Marta en Pontearnelas
Waypoint

Posto de Turismo

  • Foto de Posto de Turismo
Oficina de información turística no concello de Ribadumia, situado na rotonda de Barrantes. Punto de comezo do roteiro.
Waypoint

Refuxio pescadores

  • Foto de Refuxio pescadores
  • Foto de Refuxio pescadores
Edificación para o refuxio de pescadores, ao carón da ponte de Cabanelas. Queda na outra beira do Umia.
Río

Rio Armenteira

  • Foto de Rio Armenteira
  • Foto de Rio Armenteira
Río que nace preto do mosteiro de Armenteira en Meis para desembocar no Umia en Barrantes (Ribadumia).
Ponte

Rio Umia

  • Foto de Rio Umia
  • Foto de Rio Umia
  • Foto de Rio Umia
  • Foto de Rio Umia
Nace en Aciveiro (Forcarei) e desemboca baixo a ponte da Barca na ría de Arousa, entre Cambados e Ribadumia.

5 comentarios

Si quieres, puedes o esta ruta