Coordenadas 1190

Fecha de subida 4 de octubre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
746 m
520 m
0
3,6
7,2
14,44 km

Vista 1352 veces, descargada 68 veces

preto de Xesta, Galicia (España)

Formando parte da dorsal galega e facendo de liña divisoria natural entre as provincias de Ourense e Pontevedra, a Serra do Suído, con alturas medias arredor dos 900 m, ten como pico máis elevado o Faro de Avión (1150 m). O cordal ten dúas vertentes para as súas augas, hacia a cunca do Miño e a outra cara as Rías Baixas, para esta última desauga o río Verduxo que posúe como afluente principal o Oitavén e éste a súa vez nútrese das augas do Parada e o Xesta.

Nas vacías destes ríos atópanse as carballeiras máis importantes da provincia de Pontevedra, sendo unha delas a que medra no val do río Xesta, que nace na Pedra da Letra a 952 m de altitude.

A Asociación de Veciños San Bartolomeu de Xesta, no concello de A Lama, promove un roteiro polas beiras deste río para darnos a coñecer as carballeiras e bosques de arborado mixto desta zona pertencente a Rede Natura 2000. Algúns dos puntos sobranceiros son a zona de baño e área de lecer de Os Prados, a aldea de Portomartiño adicada ao turismo rural, a espectacular fervenza da Freixa ou Liñares e a ponte de fermosa factura con un só arco de Liñares (ano 1794) por onde pasaba o Camiño Real polo que transitaban os arrieiros que transportaban o viño enriba de mulas entre o Ribeiro e os portos das Rías Baixas.

O sendeiro oficial conta cunhas marcas deficientes e por miña parte alonguei o percorrido subindo ao Alto da Carballa Redonda, treito con subida e que pode non facerse indo e volvendo por Liñares. O traxecto forma un bucle en cada extremo cunha parte común central que é a que vai polas marxes do Xesta. Comeza a andaina na ponte da estrada sobre o río e que está a uns douscentos metros pasando a igrexa parroquial de San Bartolomeu de Xesta.

Ver más external

cima

Alto da Carballa Redonda

Punto elevada nas abas da Serra do Suído por riba de Liñares.
Ponte

Ponte de Liñares

Ponte de pedra dun só arco sobre o río Xesta en Liñares. Por ela pasaba o Camiño Real.
Ruinas

Antiga ponte de Reboreda

Ponte derruída sobre o río Xesta, en Reboreda.
Ponte

Antiga Ponte do Rio de Abaixo

Ponte sobre o río Xesta en Liñares.
Picnic

Area lecer Os Prados

Área recreativa con zona de baño no río Xesta ao carón da capela de Os Prados.
Picnic

Area lecer San Lourenzo

Área recreativa ao carón da capela de San Lourenzo de Xesta.
árbol

Bosque

Bosque con arboreda mixta na aldea de Portomartiño.
foto

Camiño empedrado

Camiño con firme de pedra que leva a capela de San Lourenzo de Xesta.
foto

Cancela

Cancelo que pecha unha corredoira na aldea de Portomartiño.
Arquitectura religiosa

Capela San Lourenzo de Liñares

Ermida con advocación a San Lourenzo, en Xesta.
foto

Carreiro

Sendeiro pola beira do río Xesta.
Waypoint

Comezo rio Xesta

Punto de inicio do roteiro, na ponte sobre o río Xesta en Reboreda.
foto

Cruz

Cruz de pedra ao carón da antiga ponte derruída de Liñares.
Fervenza

Fervenza de Liñares

Caedoiro de auga no río Xesta. Recibe o nome de Fervenza da Freixa ou de Liñares.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Bartolomeu

Igrexa parroquial de Xesta, A Lama.
foto

Liñares

Parroquia do concello de A Lama, provincia de Pontevedra.
panoramica

Miradoiro

Punto con vistas sobre toda a fervenza de Liñares.
Ruinas

Muiño da Quinteira

Muíño no río Xesta, por riba da fervenza da Freixa.
Ruinas

Muiño Portomartiño de Arriba

Muíño nun rego na aldea de Portomartiño.
Ruinas

Muiño Portomartiño de Baixo

Muíño na parte baixa da aldea de Portomartiño.
Ruinas

Muiños de Reboreda

Muíños preto da igrexa de San Bartolomeu.
foto

Pasarela

Pasarela de madeira de acceso a fervenza de Liñares.
Ruinas

Ponte derruida

Antiga ponte sobre o río Xesta. Actualmente derruída.
Ponte

Pontella 1

Pontón de pedra sobre un rego na aldea de Portomartiño.
Ponte

Pontella 2

Pontón de pedra sobre un rego en Portomartiño.
Ponte

Pontella 3

Pontón de pedra nun rego afluente do Xesta.
refugio

Portomartiño

Aldea na parroquia de Xesta, con casas adicadas ao turismo rural.
Río

Rego

Pequeno rego na aldea de Portomartiño.
Río

Rio Xesta

Tributario do río Parada. Nace na Pedra da Letra, Serra do Suído.
foto

Sendeiro

Carreiro pola beira do río Xesta.

3 comentarios

  • Foto de Jlarcosp

    Jlarcosp 21-oct-2018

    Hola, GRACIAS por tu aportación, hoy 20/10/2018, la hemos hecho siguiendo tu track, sin el no hubiéramos podido hacerla. Como bien dices y totalmente de acuerdo "O sendeiro oficial conta cunhas marcas deficientes", al menos nosotros consideramos imprescindible bajar tu ruta para poder hacerla, salvo que se conozca muy bien la zona. MUCHAS GRACIAS.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 21-oct-2018

    Saludos, jlarcosp. Gracias por el comentario.

  • Foto de Jlarcosp

    Jlarcosp 21-oct-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La ruta la hemos podido hacer gracias al track e información aportada, sin ella sería imposible hacer, para seguirla es necesario GPS, salvo que se conozca muy bien la zona. MUCHAS GRACIAS.

Si quieres, puedes o esta ruta