Tempo  6 horas 50 minutos

Coordenadas 1402

Fecha de subida 9 de abril de 2014

Fecha de realización marzo 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.119 m
845 m
0
4,3
8,6
17,19 km

Vista 2605 veces, descargada 122 veces

preto de San Miguel, Galicia (España)

Lese no cartel que hai ao comezo da ruta, na aldea de San Miguel de Bidueira:

"Na Galicia suroriental, pertencente á provincia de Ourense, na comarca de Trives, atopamos o concello de Manzaneda. Esta perla natural, onde os vales suceden ós cumios e conforman multitude de paisaxes cunha paleta de cores propias do mellor dos pintores, ofrece ó visitante o gozo de contemplar un auténtico paraíso terrenal.
Manzaneda cos seus 650 m de altitude media atópase xeográficamente situado entre o profundo encaixamento que forma o río Bibei polo leste. Ao sur fano os cumes da Serra de Queixa, os cales conforman un límite natural ao alcanzarse neles Cabeza Grande de Manzaneda cos seus 1.778 m; altitudes máximas do Macizo Central Ourensán.
O atractivo da ruta de sendeirismo que te dispós a acometer, céntrase en tres puntos: a aldea abandonada de Prada, no val glaciar do río Requeixo, e nas aldeas e construcións de San Miguel, Requeixo e Placín.
En San Miguel de Bidueira destaca a igrexa parroquial do s. XVIII, chamada a Catedral das Terras de Manzaneda. Requeixo e Placín, tamén posúen unhas pequenas igrexas, coma a de Placín adicada a Santiago Apostol.
Do mesmo xeito, é perfectamente visibel o estilo construtivo e a arquitectura popular das zonas altas da montaña ourensá, sobresaíndo a aldea abandonada de Prada.
Ten interese pola xeografía e a biodiversidade, amosando durante o roteiro a evolución dos vales de orixe pluvial ata vales de orixe glaciar, ou dende vizosos soutos das terras baixas ata as fragas de carballos e de pradaríos preto dos cumios de pedras antropomórficas das alturas, restos de morenas formadas pola acumulación dos materiais acarrexados polos xeos glaciares."

Na aldea de Requeixo, lemos:

"Atopámonos na aldea de Requeixo, onde é perfectamente visible o estilo construtivo e a arquitectura popular das zonas altas da montaña ourensá. Podemos aproveitar a ocasión para visitar a igrexa de San Bartolomeu, así coma de entrar en contacto ca xente da aldea, que tan gustosamente nos empaparán da cultura e tradicións da zona.
Como podedes observar recorreremos esta aldea en dúas ocasións tanto no camiño de ida como no camiño de volta. No camiño de ida escolleremos o sentido de marcha que nos levará a Prada pola Bidueda e no camiño de volta regresaremos de Prada a Requeixo polo Bico do Lombo. Do mesmo xeito no camiño de regreso ó sairdes de Requeixo tomaremos a derivación que nos levará ata a aldea de Placín.
O presente tramo de ruta pasa por rueiros e carrúas empedradas que son testemuña da súa antigüidade e polas que pasaban carros que ían e viñan de Prada cargados de centeo, herba, torgos ou leña.
Poderemos gozar dunha paisaxe de características propias dos vales de alta montaña, cunha flora que significa una mestura entre a adaptabilidade á contorna e o antigo aproveitamento de terras marxinais. Así, ademáis de vexetación, o biotopo está constituído por caos de pedras e bolos graníticos (restos de morenas constituídas por acumulación dos materiais transportados polos xeos glaciares) e de muros e pontes de pedra construídos na humanización da paisaxe. Neste senso destacamos o do Pontón Torto de Prada e o de Gusfrío na paraxe de A Bidueda, que foron restaurados respectando a tipoloxía mimetizada e de acordo co entorno natural."

Finalmente dinos o cartel que está en Prada:

"Dende esta paraxe, podemos observar tanto unha zona de turbeira, como divisar ao fondo do Val Glaciar de Prada.
Mentres contemplamos o Val Galciar de Prada, podémonos preguntarnos sobre a orixe desta marabilla da natureza. O que pasamos a responder dun xeito breve e sinxelo: debido á extensa zona de bloques de xeo que cubriron esta zona vai 50.000 e 10.000 anos atrás, someteron ás montañas a un proceso de abrasión. Neste senso na Serra de Queixa-Invernadeiro as etapas do periodo glaciar de Würmiense (vai 50.000 - 45.000 anos) produciron grandes morenas de pedra. Na etapa de estabilización glaciar (vai 30.000 anos) formáronse complexos glaciares, e logo aparecen (vai 16.000 anos) os glaciares do Val.
Nesta área tamén podemos apreciar una zona de turbeira natural. Dun modo sinxelo podemos dicir cas turbeiras son humidais ácidos nos cales se acumulou materia orgánica en forma de turba. Estas turbeiras son cuncas lagunais xeralmente de orixe glaciar, que actualmente están repletas de material máis ou menos descomposto e que se coñece como turba de auga doce. É importante salientar que as turbeiras son áreas que debemos protexer e que en zonas de montaña e pola influenza da xente e gando pode verse afectada.
Estamos a piques de entrar na aldea abandonada de Prada, onde podemos ver construcións tradicionais de alta montaña e os restos da capela de San Bartolomeu. As casas, as pontes, os muros, as cores na aldea e os curros nas abas da serra, configuran una paisaxe bucólica da serra, que xera sentimentos de morriña polo despoboamento dun lar tan fermoso."

Ver más external

Antigo vieiro de Requeixo a Placín.
Vieiro enlousado que une Requeixo con Prada.
Ermida na aldea abandonada de Prada.
Bosque de carballos na pista que une Requeixo con Prada.
Punto de inicio do roteiro na aldea de San Miguel, a carón da súa igrexa.
Corredoira que une San Miguel de Bidueira con Requeixo.
Congostra preto da aldea de Prada.
Fonte de auga potable na aldea de Requeixo.
Fonte de auga potable na praciña de San Miguel de Bidueira.
Forno de pan comunitario na aldea de Placín.
Templo en Placín.
Templo na aldea de Requeixo.
Templo do século XVIII en San Miguel de Bidueira.
Levada de auga na corredoira que une San Miguel con Requeixo.
Poldras sobre o río de Requeixo.
Lugar do concello de Manzaneda.
Pontella nun rego afluente do río de Requeixo.
Pontella no rego do Campo das Lamas.
Aldea abandonada no fondo do Val Glaciar de Prada.
Aldea a medio camino entre San Miguel de Bidueira e Prada.
Río que discurre polo Val de Prada.
Río que rega o Val Glaciar de Prada.
Aldea de San Miguel de Bidueira, onde comeza o roteiro.
Bosque de castiñeiros preto de Prada.

1 comentario

  • Foto de luis levenger

    luis levenger 20-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta moderada con un entorno espectacular.
    Vale la pena hacerla

Si quieres, puedes o esta ruta