Tiempo en movimiento  4 horas 17 minutos

Tempo  4 horas 29 minutos

Coordenadas 3656

Fecha de subida 11 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
110 m
10 m
0
5,2
10
20,81 km

Vista 84 veces, descargada 1 veces

preto de Dorneda, Galicia (España)

Unha andaina de catro horas polo Concello de Oleiros.
Deixamos o coche a carón da Piscina de Arillo (pódese chegar facilmente en autobús dende A Coruña).
Saimos de Arillo sempre por camiños ou sendeiros e imos por Lourido, Maianca, Fornos, Aba, Lorbé, Dexo, Cantis do Monumento Natural de Dexo ate o Seixo Branco, Canabal, Punxeiros, Fornos, Fraga de Maianca, Broño e de volta en Arillo.
21 kilómetros doados e con paisaxes espectaculares.
fuente

Fonte de Lorbé

En Lorbé atopámonos cunha fonte da que se pode beber tranquilamente.
panoramica

Mar de Lorbé

No punto mais alto da ruta atopamos un banco donde tomarnos un respiro disfrutando dunha magnífica paisaxe ante a bocana das Rías de Sada e Ares, co chamado "mar de Lorbé" coas bateas de seu afamado mexillón.
Información

Mapa do Monumento Natural de Dexo

Atopamos este cartel informativo do Monumento Natural de Dexo - Costa de Serantes por donde camiñaremos os próximos kilómetros, unhas paisaxes espectaculares co mar e os cantís como protagonistas
panoramica

Costa de Dexo

Xa podemos disfrutar deste magnífico espazo natural, o mais importante da bisbarra da Coruña, camiñando á beira de cantís e disfrutando das vistas do mar, tendo enfronte o porto exterior de Ferrol, que lamentablemente réstalle beleza á panorámica, ainda así magnífica.
panoramica

Cantís en Punta Purrido

Espectaculares cantís en Punta Purrido, dende donde podemos ver a Illa Marola e disfrutar do mar bravo.
foto

Portiño Natural de Dexo

Chegamos ao portiño natural de Dexo donde hai un lugar de especimento, que lamentablemente os indesexabeis bándalos destrozan a cotío. Ainda así disfrutamos dun lugar perfecto para sacarnos unha foto de grupo ante este entrante de mar que no seu día foi un porto natural para os pescadores da zona, ainda está unha das gruas para izar as lanchas. Un bó sitio para a pesca submarina. Nalgúns días dependendo da luz e da mares tínguese a auga dun espectacular cor turquesa.
foto

Portiño Natural de Dexo

Chegamos ao portiño natural de Dexo donde hai un lugar de especimento, que lamentablemente os indesexabeis bándalos destrozan a cotío. Ainda así disfrutamos dun lugar perfecto para sacarnos unha foto de grupo ante este entrante de mar que no seu día foi un porto natural para os pescadores da zona, ainda está unha das gruas para izar as lanchas. Un bó sitio para a pesca submarina. Nalgúns días dependendo da luz e da mares tínguese a auga dun espectacular cor turquesa.
panoramica

Punta de Seixo Branco

Estamos na Punta do Seixo Branco, vese en fronte a Torre de Hércules e a cidade da Coruña a poucos kilómetros en liña recta. Ainda quedan aquí vestixios do asentamento militar que se fixo a metade do século pasado. Cos antiguos barracóns soterrados para evitar que foran detectados pola aviación inimiga. Un espazo que ate uns anos pertencía ao Ministerio de Defensa e que o Concello de Oleiros recuperou para preservar este magnífico espazo natural cobizado por interesa inmobiliarios no seu momento.
panoramica

Illa de Canabal e A Coruña ao fondo

Saindo xa do Monumento Natural de Dexo vemos a fermosa Illa de Canabal e ao fondo a cidade da Coruña
fuente

Fonte de Canabal

Outro bo lugar donde refrescarnos un ratiño
árbol

Fraga de Maianca

Atravesamos un frondoso bosque, a Fraga de Maianca, lamentablemente predomina o eucalipto
árbol

Atravesando a Fraga de Maianca

Xa no últimos kilómetros da andaina atravesamos a frondosa fraga de Maianca, un plácido lugar completamente sumerxidos na natureza
árbol

Camiño do Xabarín

Ultimo esforzo costa arriba, damos os últimos paso entre moitos castiñeiros, carballos, e demasiados eucaliptus

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta