Tiempo en movimiento  2 horas 25 minutos

Tempo  4 horas 16 minutos

Coordenadas 2001

Fecha de subida 5 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
783 m
488 m
0
3,2
6,5
12,98 km

Vista 157 veces, descargada 2 veces

preto de Piñeiro, Galicia (España)

Ruta que parte da fonte da Tola, na aldea do mesmo nome, parroquia de Gallegos, no Concello de Navia de Suarna. Percorre pequenos tramos por carreteira de asfalto entre Villarguende e Cabanela. O resto do trazado son antiguos camiños rurais non sempre ben acondicionados, carreiros da natureza e mesmo monte a través como as cabras, que é a noso xeito preferido para movernos por estes eidos coñecidos desde a infancia.

Atravesamos soutos cheos de casteñeiros e carballos centenarios no chamado souto de " Valdecastiñeiros", poblado de senlleiras ouriceiras onde se gardaba a colleita das castañas barexadas no outono. Pasamos por encima da "Pena de despenaburros" que, como ben di o nome, era onde se lles daba entrada ó outro mundo a estes animais que tanto axudaron nas tarefas agrarias.. ninguén dixo que a vida e o seu fin fora dada, mesmo para os burros.

Cruzamos cerca dunha das mellores canteiras de lousa local, proveedora da maioría dos teitos da zona. Hoxe ta ben tapada e como así tan ben, non serie eu o que deixe as coordenadas que a ubican..

Cruzamos o regueiro de Cabanela, afluente do Navia, con varios muiños de auga hoxe en desuso. O acceso non é dado, pero ben merecería o esforzo.

Cruzamos a aldea de Villarguende, onde topamos por único veciño un cabalo que tuvo a ben facernos compañía durante un tramo da ruta. Desde Villarguende avistamos a " Pena dos Corvos" que da nome ao primeiro dos Castros, que se une mediante unha cresta de serra inexpugnable, co castro de Cabanela. Entre os dous conforman o meirande poboado castreño da zona, diría que incluso de toda a comarca dos Ancares. Pisamos con calma estes asentamentos dos nosos ancestros e mesmo tivemos cerca a presenta dun corzo. Elí deixamos os castros ben tapados de monte, aguardando que tempos mellores os poñan en valor. Pero ata que se faga ben, mellor así ben tapados. O sitio non deixa indeferente, podedes crerme...

Antes de acceder aos castros visitamos a aldea de Cabanela, que ten unha igrexa do século XVII - se a memoria non me falla -, e un teixo de moitos séculos, un dos exemplares catalogados máis vellos de Galicia. Esta vez pareceume que gozaba de mellor saúde que noutras visitas. Dado que esta árbore é unha das miñas paixóns, recei aos antiguos deuses dos castros para que seguira presidindo a aldea durante muitos máis séculos. En Cabanela falamos con Amable, persoaxe importante da zona, que dispón de varias casas de turismo rural ó lado do teixo.

Desde Cabanela fomos aos castros, e desde os castros votamos monte a través seguindo o regueiro. Este tramo require bastante pericia pola súa falta de sinalización, falta de camiños e terreo mui abrupto. Pero a cabra tira ó monte e saimos ben parados...

Esta ruta deu lugar a algunhas lendas que vos contaríamos encantados, se queredes escoitalas. Pero as pedras, as árbores.. todos falan para os que os visitan con ganas de saber. Así que o mellor facer camiño e aprender do que nos contan.

Podo contar que aínda lembro a historia de dous veciños de Trigal - miña aldea - que tódalas noites do inverno acudían á xuntanza de polavila onde os seus parentes de Villarguende. Máis dunha hora de ida e otro tanto de volta noute arriba - as polavilas eran despois da cena - coa única luz dun candil, por medio dun monte onde ás veces aínda da respeto cruzalo de día. Máis dunha vez sentirían o alento do lobo neses seus dominios...

Perdón pola faltas e as imprecisiois, teño o galego e as nociois de arqueoloxía algo oxidadas.

Bicos e apertas... e boa ruta se vos animades.

Manuel e Ovidio.
Esta fonte ta no corazón dun souto centenario. No verán é pobre en aguas, pero de moita calidade.
Podedes imaxinar a súa función dentro do pragmatismo rural
Arbóreas centenarias, ouriceiras e un muiño de agua abandonado e ruinoso.
Souto centenario
Alpendre de propiedade privada. Servía para guardar o forraxe do prado e levalo posteriormente ata a Tola, onde ta a casa dos donos. Boa conservación.
Alberga algún muiño de agua hoxe en desuso.
No centro vemos a Pena do Corvo, primeiro dos castros que, xunto co de Cabanela, conforman un dos meirandes poboamentos - vamos a decir celtas- da zona.
Único tramo da ruta por pista asfaltada.
Aínda se observan os dous fosos. Hai que entendelo en conxunto co da Pena do Corvo.
Imaxes do Castro, no foso e camiño da parte alta.
Construcción típica dos soutos galegos, para a recolleita das castañas varexadas no outono.

1 comentario

  • Foto de funikis

    funikis 05-abr-2018

    Esta ruta nin ta sinalizada nin figura en ningún catálogo de sendeiros. É un trazado inventado por nós, mui coñecedores da zoa e dos puntos naturais de orientación.

Si quieres, puedes o esta ruta