• Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion
  • Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion
  • Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion
  • Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion
  • Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion
  • Foto de Ruta dos Cruceiros de Brion

Tempo  unha hora 48 minutos

Coordenadas 1301

Fecha de subida 12 de octubre de 2012

Fecha de realización octubre 2012

-
-
268 m
150 m
0
1,8
3,6
7,16 km

Vista 2612 veces, descargada 25 veces

preto de Viceso, Galicia (España)

Esta ruta comeza no cruceiro da aldea de Forxán e rodea a aldea pasando polo castro, sen excavar, dende onde se pode ver unha fermosa vista do río Tambre.

De aquí sae pola estrada e, collendo por un camiño á dereita, diríxese cara o río Traba, discorrendo á súa beira esquerda entre a Ponte dos Carros e a Ponte da Igrexa.

Neste tramo atparémonos con diversa vexetación e variedade de muíños, podéndonos bañar incluso nalgunhas zonas próximas a eles.

Ó chegar á Ponte da Igrexa colleremos cara á dereita dirección Pousada, onde poderemos ver tres cruceiros de distintos tipos, destacando o chamado da Goriña, cruceiro de capela do ano 1637, o máis antigo do concello.

Atravesando a aldea de Pousada , cruzarémo-la estrada para volver á beira do río Traba ó pasala Ponte de Porto Pequeno, río que seguremos en dirección á igrexa de Santa María de Viceso, lugar recomendado para facer unha pequena parada. De aquí colleremos por un camiño rodeado de montes e fincas, volvendo ó punto de partida tras un pequeno anaco por estrada.

Hai tramos desta ruta que coinciden coa ruta do Camiño Francés. Recoméndase ir moi atentos á sinalización, especialmente nas zonas de Pousada e a Igrexa de Viceso.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta