Tempo  5 horas 20 minutos

Coordenadas 1842

Fecha de subida 5 de enero de 2020

Fecha de realización enero 2020

-
-
337 m
127 m
0
4,5
9,1
18,18 km

Vista 91 veces, descargada 3 veces

preto de Baio, Galicia (España)

Xa sei que esta información do roteiro que vos vou a contar mais abaixo a moitos vos pode sobrar, por que aquí, en Wikiloc, o importante é o track e como e por onde desenvolvelo , pero recoméndovos encarecidamente unha ollada rápida ao texto que hai abaixo sobre datos históricos desta zona, que tamén forman parte da historia de todos nós un pouco recente, e que a modo de recordo merece a pena o seu coñecemento.

Ben se podería chamar tamén o camiño dos rios de Baio, ou o camiño das pontes de Baio ou o camiño Histórico de Baio. Aínda que e nome proposto vén por mor da historia de Baio (Zas).

De calquera xeito, o importante para os andarines é que é un camiño absolutamente recomendable, e por infinidade de motivos. Ten unha distancia/esforzo moi asequible, ten un par de montes sinxelos pero que che fan suar un pouco, ten pasos con cordas para días con auga, ten pasos por túneles de autovía (coidado co leito de auga) ten numerosas pontes, especialmente no area recreativa dá Vixía.
En fin, un camiño das que non defrauda de principio a fin. Recomendable calquera época do ano, pero no inverno e con auga hai que ter coidado das marxes dos ríos. algúns pasos por pedras (aínda que neste momento dispoñen de cordas) , algúns cruces de estradas e un aliviadoiro de auga da autovía.
Por agora atópase en moi bo estado, está bastante limpa para a proba que fixeron en novembro de 2019 creo lembrar. Non existe ningunha indicación de camiño nin seguridade de que todo o Track sexa viable no futuro xa que hai zonas que seguramente na primavera empécense a pechar pola vexetación.
Visita obrigada é o Pazo Torres do Allo. Informarse antes de ir porque se pode visitar, se ides en grupo pódese mesmo facer unha visita guiada, é moi interesante.

Iglesia de San Pedro de Allo
---------------------------------------------

Outro dos grandes atractivos do conxunto histórico e etnográfico das Torres do Allo é visitar a súa capela. Construída no século XVI por Gómez de Riobóo “o vello”, a igrexa está dedicada a San Pedro, do que podemos ver unha coidada talla sedente presidindo o retablo da porta principal. A ermida ten varias características que a fan única. Destacan as dúas figuras de Adán e Eva que custodian a entrada principal do templo. Tamén cabe salientar a gran abertura enreixada que coroa a súa fachada, a cal é cadrada no canto do rosetón circular; o que lle confire sobriedade e carácter. Outra das curiosidades polas que paga a pena visitar este santuario é o seu atípico campanario lateral, escasísimo na arquitectura relixiosa galega.O seu conxunto renacentista está sementado de detalles arquitectónicos de gran valor. O retablo-portada presenta un estilo clasicista que era empregado a principios do XVI en Compostela polos grandes mestres. A súas liñas proporcionadas e claras recordan a fachada do colexio de Fonseca en Santiago. Acompañando a San Pedro están dúas imaxes en granito, unha da Virxe e outra de San Gabriel. Podemos encontrar unha talla de San Pablo espada en man enriba da porta lateral do templo. A riqueza da ornamentación complétase con motivos vexetais nas columnas frontais que apuntan a un avance do estilo barroco.A capela foi restaurada no 1989, polo que presenta un estado de conservación formidable. No seu interior atopamos un solemne presbiterio cun retablo principal excelentemente conservado. Tamén no seu interior existen dous altares colaterais adicados a San Antonio de Padua e a San Ramón. O imaxinario santoral complétase coa figura da Virxe do Carme.As terras do Allo concentraban o poder laico na Casa dos Riobóo e o poder eclesiástico na Igrexa de San Pedro do Allo. Estas dúas elites complementábanse pero tamén por veces competían polo control do poder; de aí a curiosidade de que a capela do Allo estea enfrontada fisicamente coa fachada do pazo.

Pequena Historia de Foucellas
-------------------------------------------------

en 1946 A Garda civil solicita un local, cunha previsión de gasto de 4.000 ptas. anuais. En Baio houbo un posto provisorio desta forza entre 1946 e 1947. Era a época da gran actividade dos guerrilleiros antifranquistas(popularmente coñecidos como "os foucellas") por toda Galicia, con múltiples accións armadas contra significadas persoas do Réxime imperante e contra a garda civil1. No concello de Zas non se producira ningunha acción guerrilleira, pero si no veciños de Vimianzo: a finais de 1946 os guerrilleiros personáronse na taberna de Villar de Tines e esixiron o pagamento dunha importante suma de diñeiro; tamén outro atraco no Aplazaduiro (Nade). Mais a acción máis sonada e atrevida fora o asalto á casa-cuartel da Garda Civil en Vimianzo, o 8.11.1946, que tivo como resultado a morte por disparos dun garda e dun asaltante. A xeneralización do nome dos foucellaspara todos os guerrilleiros vén do alcume do máis famoso deles, Benigno Andrade, alias oFoucellas pola súa aldea de nacemento, no concello de Curtis. Para o Gobernofranquista eran oficialmente simples “bandoleiros”, erara vez aparecía na prensa alguna acción destes grupos, mesmo cando eran abatidos os seus membros, pois sería como recoñecer que existía unha oposición política armadarepublicana ó Réxime. Por esta razón se lle encargou a súa represión á GardaCivil e non ó exército. Sobre o Foucellas, véxase o libro de V. Luis Lamela García: «Foucellas». El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952); Ediciós do Castro, Sada, 1992. No tocante á presenza dos guerrilleiros antifranquistas na comarca escribiu Braulio Astray Romero contra 1993:«Los guerrillerosque actuaban en esta comarca formaban parte de la IV agrupacióny el comando que protagonizó los sucesos de Vimianzo era el denominado ‘Santiago Álvarez’ o ‘Pasionaria’, a cuyo mando se hallaba Manuel Ponte Pedreira, bajo las órdenes directas de Benigno Andrade, ‘Foucellas’. Tanto en Bayo como en sus alrededores todos estos grupos de huidos contaban con una, no diremos que infraestrutura, pero si activa colaboraciónpor parte de muchos paisanosque le prestaban su ayuda, bien sirviéndole de enlaces, bien dándole cobijo, bien procurando llevarle comida al monte o bien sirviéndole de guías o ‘cicerones’en sus desplazamientos. Concretamente en Bayo, en Tines, en Borneiro, en Corme, en Telleiras y quizá en otras aldeas o caseríos fueron varias las veces que se guarecieron, pernoctaron y se alimentaron. Hemos conocido y tratado personalmente, por razones de vecindad, a muchos de estos enlaces o encubridores(uno de ellos era el sacristán que tenía mi tío Juan en la iglesia de Bayo). Algunos de ellos fueron sometidos a Consejos de Guerra y condenados a penas de prisión. A otros les dió tiempo a huir antes de ser detenidos; dos de ellos, vecinos de Bayo, huyeron para la R. Argentina. Se descubrió el nombre de estos enlaces a raiz de la muerte de Ponte en el mes de abril de 1947, y ello se debió a que entre la ropa que vestía cuando fué abatido figuraban algunos nombres». Máis adiante Astray Romerofai constar que os guerrilleiros -ou fuxidos-non cometeran ningunha morte na comarca. “Solo -en lucha cuerpo a cuerpo-la del guardia civil en Vimianzo”. Lembraba tamén que un tenente coronel da Garda Civil visitou o seu pai -o médico Braulio Astray Vidal-para ordenarlle que se abstivese de curar as feridas dalgún “bandoleiro” e que o comunicase á Garda Civil. Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[2] e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 en Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous que foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en Ru, Vilasantar.[3] Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[4]. Foi condeado en consello de guerra sumarísimo a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de Franco, Carmen Franco. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos". As Foucellas, Mesía. Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería[5], trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada. En 1934 foi vivir a Curtis coa súa nai e traballar na madereira Torres de Curtis en xullo de 1936. Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en Bodeus, nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, en 1934 dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil. Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo. Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo a cabalo. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[2], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas. A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en Valladolid, a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.[6] Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París. Mauser de Foucellas modelo 1910 e calibre 7, no Museo Militar da Coruña. Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar da Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno. Foi levado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos. Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña. As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron: Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido. O Foucellas[7] A muller de Foucellas foi separada dos seus fillos, morreu nun hospital de Valladolid. A súa filla quedou a cargo dunha avoa pobre que non se podía facer cargo do fillo o cal tivo que ir vivir con outro familiar. Pepiña con 12 anos facía traballos de costura polas casas cobrando 10 pesetas e a comida. Trala morte da súa avoa en 1957 marchou a Francia con 6.000 pesetas deixadas por un tío seu. Non volvería a Galiza ata 32 anos despois.[8] Está casada e vive en Alacant. A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama. A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do Museo Militar Rexional da Coruña, onde se expón o seu fusil.

O conxunto arquitectónico de Torres do Allo,
------------------------------------------------------------------------

situado no concello de Zas, na provincia de A Coruña, é, con toda probabilidade, o primeiro dos pazos galegos. A súa construción remóntase máis de cinco séculos atrás. 500 anos de historia pasaron polas pedras que sosteñen aínda hoxe unha das casas señoriais máis fermosas de Galicia. No 1492, mentres outro galego ilustre cambiaba para sempre a historiografía mundial descubrindo o novo mundo; finalizaba a construción dun edificio maxestoso que abraiou pola súa factura e concepción ás xentes do século XV. Esta casa señorial da nobreza galega era máis que un edificio. Constituía en si mesmo unha organización social que artellaba toda unha comunidade. Harmonicamente integrado no rural, o pazo adoitaba ter asociados foros e coutos que eran traballados polo campesiñado, sobre o cal a fidalguía tiña dereitos tributarios e ata xurisdicionais. Aínda que se trata de construcións de arquitectura civil, o certo é que moitos deles conservaban trazos militares como ventás troneiras, enreixados, e escudos de armas. No pazo das Torres do Allo estes elementos están máis presentes se acaso dadas as circunstancias que lle deron orixe. Trala destrución por parte dos Reis Católicos do pretérito ‘Castelo do Allo‘, pertencente á Casa de Altamira, o conde Lope Sánchez de Moscoso mandou casar á súa filla Berenguela co seu “ayo”, xefe do servizo e persoa de confianza dos Altamira. É a hipótese máis plausible para o étimo Allo que da nome a este senlleiro pazo galego. Aínda que hai teorías que afirman que provén do latín angelus, referíndose a un meandro ou curva que fai o río Grande preto do lugar. O enlace matrimonial con Gómes de Riobóo Vilardefrancos, descendente da importante casa dos Pardiñas, lonxe de ser un paso atrás para a liñaxe dos Moscoso, é unha xogada estratéxica para manter o poder na zona. Lope Sánchez de Altamira, coma tódolos nobres da época, quere estar máis preto dos reis pero deixa no seu lugar á súa filla Berenguela Sánchez de Moscoso, Dona do Allo, para a que autorizará a construción dun edificio señorial semifortificado que exhiba a grandeza da súa liñaxe. Comeza deste modo a historia do Pazo do Allo, a cabalo entre un castelo e unha mansión renacentista: o primeiro pazo de Galicia.



Mais fotos en....

https://photos.app.goo.gl/gpneYwyopP3onVBFA


valoración MIDE

Ruta dos Foucellas

horario4h 5'
desnivel de subida202 m
desnivel de bajada202 m
distancia horizontal18,2 Km
tipo de recorrido Circular

severidade del medio natural1
orientación en el itinerario3
dificultade en el desplazamiento2
cantidade de esforzo necesario3

Condiciones de inverno, tempos estimados segundo criterio MIDE, sin paradas.

Calculado sobre datos de 2020.
cima

335 m

cima

338 m

Intersección

Ac-404 (Ac-404) y ucl

Intersección

Ac-552 (Ac-552)

Intersección

Ac-552 y Pista

Intersección

Ag-55 (Ag-55)

Túnel

aliviadero agua autovia

parquing

aparcamiento baio

Waypoint

Baio

Waypoint

Carballeira de Astray

Waypoint

carril bici

cima

Castelo Pequeno

Arquitectura religiosa

Iglesia de San Pedro de Allo

Waypoint

Límite de Municipio / Provincia3

Ruinas

muiño electrico

Waypoint

O Allo

Waypoint

O Allo1

cima

o castelo de foucellas

Waypoint

Os Muíños

Waypoint

palomar torre do allo

Caisleán

pazo torre do allo

Picnic

Pedra Vixia - Paraxe Natural

Situada en el lugar donde hasta los años 50 se ubicaba un aserradero (del cual aún se conserva algún resto), se recuperó como Área Recreativa, realzando su encanto natural y convirtiéndola en uno de los muchos atractivos hábitats fluviales que posee la Costa da Morte. Aquí, el río zas se derrama escurridizo por varios arroyos describiendo hermosos meandros, uno de los cuales alimenta un MOLINO DE NORIA que parece olvidado. Otras de estas agraciadas riberas dibujan una singular ISLA, accesible sin necesidad de mojarnos, gracias a la existencia de varios puentes de madera que salvan los cursos fluviales que la rodean y aíslan. Tanto en el interior de la isla como en el entorno disponen buen equipamiento para comer (mesas, bancos de piedra y barbacoas), pero lamentablemente, otros servicios de los que dispone se observan bastante estropeados. Pude comprobar por apuntes de prensa, que la zona ha sido durante años repetidamente castigada con actos vandálicos. No podemos ni debemos quedarnos en eso y debemos continuar explorando este bonito lugar, pues todavía nos deparará más encantadoras sorpresas. Siguiendo la orilla río arriba por la senda de pescadores, alcanzamos la PRESA de piedra que alimenta el molino antes mencionado y provoca un hermoso SALTO DE AGUA al desplomarse por entre las rocas. Superada la presa, continuaremos el camino pasando primero por un molino y más tarde otros dos juntos, donde a la izquierda, ocultos en medio de unos pinos, se encuentran los restos muy alterados y apenas reconocibles del DOLMEN DE A PEDRA VIXÍA, monumento megalítico de entre el IV-III milenio a.C., que da nombre al Área Recreativa. Señalar que nosotros no tuvimos la oportunidad de localizarlos, pues se nos echó la noche encima.
Instalación deportiva

Piscina Municipal de Baio (Swimming)

Piscina Municipal de Baio (Swimming) Zas, A Coruña, ESP
Waypoint

Pista19

Waypoint

Regalados

Río

Rego de Esmorís

Río

Río de Baio

Río

Río de Baio1

Río

Río de Zas

Río

Río Grande

Información

Torre Do Allo

Torres do Allo está formado tamén polos camiños, carballeiras, fontes, cabazos, pombal, soutos, capela, palco da música, e demais elementos que constitúen un conxunto etnográfico moi ben conservado. Na parte traseira do Pazo do Allo atópanse os restos dun xardín barroco do século XVIII. O gran protagonista é o xigantesco abeto de Vancouver de 20 metros de alto. Un lugar para realizar actividades didácticas ao aire libre. Unha verdadeira xoia arquitectónica. comezouse a construír no século XV e foi o modelo para os demais pazos galegos. De estilo barroco e renacentista, é o sucesor civil dos castelos medievais do Reino de Galicia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta