Tempo  6 horas 51 minutos

Coordenadas 2413

Fecha de subida 28 de mayo de 2016

Fecha de realización mayo 2016

-
-
802 m
322 m
0
5,8
12
23,19 km

Vista 1755 veces, descargada 20 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

Polas súas vistas esta é unha das mellores rutas que se pode facer no Cañón do Sil.
A ruta sae de Lobios, a carón da capela. Despois de pasar por Sampil subimos ata o Santuario de Cadeiras, preto atópase tamén o Miradoiro de Cadeiras.
Seguimos a ruta pasando por As Chousas, Pinol de Abaixo, o Noguedo, e facemos un pequeno desvío para visitar un dos petroglifos da zona, "A Pena do Lagarto", descuberto recentemente. Volvemos sobre os nosos pasos, pasamos por Paradela e subimos ata o Miradoiro de Santiorxo. Desde aquí as vistas do Cañón son impresionantes.
Despois de desfrutar da paisaxe baixamos pola Somoza ata o regueiro e despois toca subir, primeiro por un fermoso sendeiro que nos leva ata o Castro de Vilanova, e despois polo cortalumes para achegarnos os miradoiros do Boqueiriño e da Cividade (a carón deste tamén podemos visitar o Castro da Cividade). Durante todo este treito teremos a nosa esquerda o Cañón do Sil en todo o seu esplendor.
Agora toca baixar. Hai que saírse un pouco do sendeiro para poder apreciar unha das formacións xeolóxicas máis singulares da Ribeira Sacra, o "Ciriguilloto do Demo". Máis adiante veremos tamén "A Pena de Don Pedro".
Despois da longa baixada chegamos o lugar da Boca e seguimos baixando para facer o último treito pola ruta dos Muiños de Xabrega (un conxunto de máis de 20 muíños restaurados parcialmente) ata chegar Os Chancís onde remata esta fermosa camiñata.
Miradoiro de Cadeiras

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta