-
-
380 m
81 m
0
4,1
8,2
16,3 km

Vista 5313 veces, descargada 91 veces

preto de Cans, Galicia (España)

Este roteiro foi homologado no ano 2010 e sendo lineal temos a posibilidade de volver ao punto de partida retornando polo sendeiro das Greas, GR-58 (cruzámolo tamén a metade do percorido: se podría volver desde aquí). Se decidimos non regresar ao punto inicial andando, porque se fixera longo, no track está metida a prolongación desde a área de lecer de As Conforcadas (onde acaba o sendeiro e sen acceso aos coches) ata a estrada que une Salceda con A Picoña, preto do cemiterio de Outeiro, punto onde deixaríamos outro coche para volver ao Confurco.
O tríptico oficial da ruta dinos:
"A Ruta dos Montes de San Cibrán atópase nas parroquias de A Picoña e San Xurxo en Salceda de Caselas, Cans no Porriño e o barrio de Couso en Ponteareas. Trátase dunha ruta lonxitudinal de 12.83 Km aínda que se pode aproveitar o trazado do Sendeiro das Greas GR-58 para realizar un percorrido circular.
Dende o Alto do Confurco se ascende pola beira do regueiro de Couso onde se atopa a fervenza da Galomeira e se poden visitar varios muiños. Dende aquí a ruta ascende ó pobo de Couso onde discorre entre leiras e casas para, pouco a pouco, chegar ó monte comunal de Couso e subir entre masas de piñeiro cara a área recreativa de San Cibrán.
Unha vez no alto de San Cibrán, a ruta descende cara Picoña e discorre paralela ó río Caselas, que presenta en varios puntos unha rica vexetación de ribeira. O sendeiro percorre o fondo do val onde se sitúan a maior parte das casas e se atopan varias construccións interesantes: lavadoiro, muiños e peto de ánimas.
Dende o fondo do val o sendeiro ascende de novo cara os montes do comunal de San Xurxo e vaise afastando das leiras e das casas para volver a discorrer entre masas de piñeiros e eucaliptos nas que se atopan restos de varias cortellas, muiños e pozas. A ruta finaliza na área recreativa das Conforcadas, onde se pode enlazar co Sendeiro das Greas GR-58 para regresar o alto de Cans e realizar un percorrido circular."

Waypoint

Area Lecer

08-AGO-10 12:39:52
Waypoint

Area lecer As Conforcadas

08-AGO-10 15:47:27
Waypoint

Area lecer Couso

08-AGO-10 11:58:25
Waypoint

Cemiterio de Outeiro

08-AGO-10 16:38:36
Waypoint

Chan do Millo

08-AGO-10 12:36:39
Waypoint

Conexion GR-58

08-AGO-10 15:32:16
Waypoint

Conexion sendeiro Greas

08-AGO-10 12:14:20
Waypoint

Cortellas de Miguel

08-AGO-10 15:16:04
Waypoint

Cruce GR-58

08-AGO-10 11:05:43
Waypoint

Desvio Gr 58

08-AGO-10 13:15:57
Waypoint

Fonte das Augarizas

08-AGO-10 15:37:46
Waypoint

GR-58

08-AGO-10 16:01:39
Waypoint

Lavadoiro da Barroqueira

08-AGO-10 14:20:32
Waypoint

Mina de feldespato (mina de Blas)

08-AGO-10 12:10:37
Waypoint

Muiño A Molinera

08-AGO-10 11:08:44
Waypoint

Muiño das Canelas

08-AGO-10 14:46:22
Waypoint

Muiño de Loureiro

08-AGO-10 13:38:32
Waypoint

Muiño de Piton

08-AGO-10 14:54:19
Waypoint

Muiño do Cabo

08-AGO-10 10:46:24
Waypoint

Muiño do Justo

08-AGO-10 13:34:40
Waypoint

Muiño do Medio

08-AGO-10 14:05:57
Waypoint

Muiño do Pontillon

08-AGO-10 10:58:36
Waypoint

Muiño Novo

08-AGO-10 10:56:57
Waypoint

Muiño Vello

08-AGO-10 11:00:20
Waypoint

Peto do Carballal

08-AGO-10 14:13:03

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta