-
-
405 m
1 m
0
3,3
6,6
13,1 km

Vista 9187 veces, descargada 68 veces

preto de Meira, Galicia (España)

Esta ruta levaranos dende o mar río arriba seguindo o cauce do río da Fraga, o máis longo do municipio moañés e que fai de fronteira natural entre as parroquias de Moaña e Meira.

Ao longo do recorrido atoparémonos cunha treintena de muíños salpicados a carón do curso do río, nun entorno incomparable de extraordinaria beleza paisaxística e valores naturais. Adentrarémonos nun bosque de ribeira e nun dos bosques atlánticos caducifolios mellor conservados da zona, onde o carballo é unha das especies predominantes.

Ademais atoparemos fervenzas, pontes, lavadoiros e fontes, poderemos descansar ou desfrutar das instalacións deportivas municipais do Beque ou comer nalgunha das tabernas que atoparemos próximas ao camiño.

Un espazo que nos levará a adentrarnos nun entorno de conto e lenda, unha volta a un pasado non tan lonxano no que a vida da veciñanza miraba cara os ríos, onde no muíño se facía gran parte da vida social nos tempos de moenda.
Lugar de observación de aves

Paseo fluvial

Parque

Complexo deportivo O Beque

Campamento

Camping e albergue municipal O Bequ

Río

Rego dos Ladróns

Praia

Praia da Xunqueira

2 comentarios

  • Foto de eukesei

    eukesei 31 oct. 2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    moitas arbores caidas polo camiño, que dificultan o seguimento da ruta

  • Foto de Hugo Aboal

    Hugo Aboal 23 abr. 2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La parte de la ruta que va pegada al río es preciosa, la vuelta ya no lo es tanto y esta un poco descuidada. Aun asi una ruta preciosa

Si quieres, puedes o esta ruta