Coordenadas 683

Fecha de subida 26 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
62 m
1 m
0
2,1
4,2
8,33 km

Vista 432 veces, descargada 18 veces

preto de Cereijo, Galicia (España)

Este sendeiro homologado no ano 2015 vai polas ribeiras do treito final do río Grande, por terras de Ponte de Porto (Camariñas) e nós, desde a ponte de Besandín, faremos unha ampliación do percorrido para achegarmonos ata a aldea de Carantoña, do concello de Vimianzo.

Nos carteis informativos que hai no paseo fluvial de Ponte de Porto e ao comezo do roteiro, lese:
“A Ponte do Porto foi un centro estratéxico da comarca, emparentada a unha posible vía romana 'per loca marítima', un lugar de paso de mercadorías da costa ao interior e viceversa, porto natural polo que navegaban os pataches cargados, sendo lugar de refuxio da flota ante os temporais e incursións foráneas, débelle o nome á ponte de pedra que une os grupos de casas á beira do río Grande, o motor da economía social. É unha ponte de sillería con arcos peraltados e rebaixados, tiña unhas contentas da altura dun home, con aparcadoiros.

No emprazamento da igrexa actual ubicábase o Santuario de San Roque coa porta de entrada mirando á ponte, constaba dun templo cunha soa nave en cantería, cunha ornamentación simple na fachada, unha ventá cadrada e a porta sinxela.

A finais do século XVIII e a principios do XIX en A Ponte do Porto xurden a maioría dos importadores de encaixe de Camariñas, dándolle un pulo importante a economía local. Outro sector foron os aserradeiros do lugar e comarca, cos pataches e chatas que seguían o curso do río Grande, os muíños privados e de maquía e que moían o gran dos lugares que na época estival non contaban con suficiente auga nos regatos”.

A ruta.

“Este itinerario é case circular e comeza e termina na Ponte do Porto. Trátase dun sendeiro de fácil percorrido, case sen desniveis e con abundantes sombras grazas ao bosque de ribeira. O desnivel das augas do río Grande foi aproveitado para instalar muíños hidráulicos que estiveron activos ata finais da década de 1960. A ruta ten un tramo de ida e volta para visitar un conxunto de edificacións tradicionais denominado Conxunto da Insua. Poderemos ver os muíños de Noia, de Sofía, de Cota, de Arriba e o do Conxunto da Insua, a fonte da Pesqueira, as áreas recreativas de Curros e de Basandín e as pontes de Posiño e Basandín.

No río grande atoparemos especies características do bosque de galería (alisos, salgueiros, carballos, etc.), vexetación que cumpre unha importante fución nestes ecosistemas xa que frean a erosión das ribeiras e perrmiten o desnvolvemento da vida.”

Ver más external

Área recreativa con mesas ao carón do río Grande.
Pequena área recreativa en Ponte do Porto.
Pequena área de lecer as beiras do río Grande.
Lugar na parroquia de Ponte do Porto, Camariñas.
Camiño pola beira dereita do río Grande.
Lugar do concello de Vimianzo.
Punto de inicio do roteiro en Ponte do Porto.
Fonte na praciña de Carantoña.
Fonte as beiras do río Grande.
Igrexa en Carantoña.
Muíño hidráulico na marxe esquerda do río Grande.
Muíño hidráulico na marxe esquerda do río Grande.
Muíño hidráulico na marxe esquerda do río Grande. No lugar de As Barrosas.
Muíño hidráulico na marxe dereita do río Grande.
Muíño hidráulico na marxe dereita do río Grande.
Bosque de piñeiras as beiras do rego de Carantoña.
Ponte sobre o río grande.
Parroquia do concello de Camariñas.
Ponte metálico sobre o río Grande, no lugar de As Barrosas.
Pequeno tributario do río Grande, pola súa marxe dereita.
O río Grande, río do Porto ou río da Ponte nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña, no concello de Santa Comba.
Carreiro de pescadores pola beira dereita do río Grande.

3 comentarios

  • Rosa Luengo 06-jul-2019

    Julio 2019. La senda está sin desbrozar. Apenas se ve el camino. La Xunta no lo tiene limpio. Ortigas hasta la cintura. Todo el que va se tiene que dar la vuelta

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 06-jul-2019

    Que lástima, porque el sendero no hace mucho que se homologó.

  • Rosa Luengo 06-jul-2019

    Y debe de ser precioso. Nos metimos un tramo y tuvimos que dar la vuelta. Un señor nos contó que hacía más de un año que la Xunta no lo cuidaba y que todo el que se metía se tenía que dar la vuelta. Además en faro Vilán nos contaron que un vecino hizo un muro en mitad del camino y hay que treparlo.

Si quieres, puedes o esta ruta