Descargar

Distancia

17,77 km

Desnivel positivo

538 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

538 m

Altitud máxima

548 m

Trailrank

24

Altitud mínima

100 m

Trail type

Circular
  • Foto de Ruta dos Muiños do Folón 18/06/2017 CDF

Tempo

9 horas 40 minutos

Coordenadas

1329

Fecha de subida

5 de diciembre de 2017

Fecha de realización

abril 2017

Búsqueda por Zona de Paso

Encuentra rutas que empiecen o pasen por zonas concretas que tú elijas.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Búsqueda por Zona de Paso Búsqueda por Zona de Paso
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
548 m
100 m
17,77 km

Vista 90 veces, descargada 4 veces

preto de O Rosal, Galicia (España)

RUTA DOS MUIÑOS DO FOLÓN
18 de xuño do 2017

guías: Esperanza/Sonia

Saída 9:00 Fontiñas ‐ 9:15 P.Vigo
Comezo e Remate: Muiños do Folón
Percorrido: 17 km



Ruta que se atopa situada dentro do concello do Rosal, entre os lugares de Martín e Fornelos, na ladeira do Monte Campo do Couto, desde o cal se pode contemplar todo o val do Rosal, a desembocadura do río Miño e o monte onde se atopa o Castro de Santa Tegra. Os muíños do Folón e do Picón son un grupo en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico da comarca do Baixo Miño, xa mencionados en documentos do século XVII. Trátase dun conxunto de 60 muiños divididos en 36 muiños do Folón e 24 do Picón que nos dan unha idea do que puido ser a actividade de molienda non hai moitos anos. Os muiños pódense clasificar como muiños de rodicio ou de roda motriz horizontal, e dentro destes poderemos topar tanto muiños de canle (normalmente cuberta no tramo máis inclinado), nos que a auga desemboca xustamente no inferno onde está situado o rodicio; e muíños de cubo ou de pozo, que se poden observar nos tramos con máis pendente da ruta, onde se almacenaba a auga nos cubos dos muíños superiores e de aí unha vez que o muíño xa a usara, pasaba ao seguinte e así sucesivamente. Neles moíase tanto gran de millo, de centeo ou de trigo para facer fariña. No exterior algúns deles conservan pías usadas coma abrevadoiros e comedeiros dos animais. Iniciaremos a andaina seguindo o río Folón cos seus 36 muiños situados en cascada na súa vertente nunha paraxe idílica dende onde poderemos ver en días craros o discurrir das augas do Miño, terras de Portugal e diversos picos montañosos. Posteriormente as nosas pegadas levarannos á busqueda do Rio Da Cal que remontaremos río a riba cos seus rápidos en inverno e as súas pozas onde veremos outra serie de muiños, os máis deles en ruinas, con algún deles con unha restauración enxebre e curiosa e tal vez vexamos os cabalos salvaxes que andan por estar terras. Remataremos a subida ao longo de todo ata chegar o miradoiro das Anteas na serra da Groba, onde teremos unha magnífica visión do océano e o mosteiro de Santa María de Oia na distancia. Dende aquí iniciamos o regreso con distintas panorámicas de Portugal e o Val do Rosal e varias cumbres ata a Capela de San Martiño, de planta rectangular e que podería datar do século XVIII. Inicamos xa o último tramo de baixada que discurre polo Río Picón cos seus 26 muiños situados na súa vertente ata rematar a nosa ruta na Casa da Pintora onde poderemos refrescar as nosas gorxas antes de emprender a viaxe de volta a Santiago.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta