-
-
721 m
382 m
0
3,8
7,6
15,2 km

Vista 124 veces, descargada 3 veces

preto de Figueroa, Galicia (España)

Ruta polos muíños do río Seixo 28 de xaneiro de 2018

guías: Maví/Fernando

Trátase dunha ruta circular que sae do pobo pontevedrés de Cerdedo, percorrendo un dos tramos máis fermosos do río Seixo. Arrincaremos desde a igrexa de San Xoan Bautista do Século XVIII e cruzaremos polos restos dunha calzada romana ata a ponte de San Antón, pasando ao lado da capela do mesmo nome.
A ruta discorre entre bosques autóctonos por zonas moi tranquilas que convidan á paz e ao relax do sendeirista. Ademais do bosque e as distintas capelas - a da nosa Señora de Loreto do Século XVIII, San Salvador do Século XVI, Santa Catalina do Século XVIII ou San Antón do Século XVIII-, a través do percorrido poderemos gozar da vista dun bo número de elementos vinculados á auga: muíños (máis de quince), así como de pontellas (pontes tradicionais) e levadas (antigas canles de auga).
Tamén visitaremos a fervenza do río Seixo que afortunadamente esperamos que virá cun bo caudal.
Estamos ante unha ruta fluvial de gran valor etnográfico, histórico e natural, discorrendo por paraxes fermosas e coa pintoresca vista de todo o val e tamén ao fondo a Serra do Cando.

Percorrido: 15 km
Comezo: Cerdedo
Final: Cerdedo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta