Descargar

Lonxitude

7 km

Desnivel positivo

1 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

38 m

Altitud máxima

155 m

Trailrank

26

Altitud mínima

109 m

Tipo de ruta

Solo ida
  • Foto de Ruta dos Muíños do Val de Vimianzo
  • Foto de Muíño da Gándara
  • Foto de Muíño da Gándara 2
  • Foto de Muíño das Pasantes
  • Foto de Muíño de Vilar
  • Foto de Muíño do Sariño

Coordenadas

222

Fecha de subida

19 de noviembre de 2012
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
155 m
109 m
7,0 km

Vista 1577 veces, descargada 8 veces

preto de Ogas, Galicia (España)

Ruta que percorre o Val de Vimianzo de sur a norte para visitar os seus principais muíños.
Waypoint

Muíño de Ogas

Foto

Muíño da Gándara

O muíño atópase no Val de Vimianzo e recolle augas do rego de Ogas, un afluente do Vimianzo. Está feito de cachotería de granito e presenta cuberta a unha auga, cunha pequena baixada polo lado da canle. Ten un só rodicio. O lugar foi completamente rehabilitado deixando os sistemas de canalización perfectamente visibles.
Foto

Muíño da Gándara 2

Pequeno muíño situado moi preto doutro na Gándara vimiancesa. Utiliza as augas dun desvío do rego de Ogas (afluente do río Vimianzo), que logo aproveitará tamén o outro muíño do norte. O muíño é moi sinxelo: de cuberta a unha soa auga, de cachotería de granito, cun só rodicio.
Foto

Muíño das Pasantes

Muíño hidráulico de cachotería de granito moi irregular. Unha canle leva a auga dun de tantos regos que drenan o Val de Vimianzo. Trátase dun muíño moi pequeno de cuberta a unha soa auga con tella. Na actualidade a maleza comeza a cubrir o muíño e a canle está rota para que a auga do rego non pase polo único rodicio do muíño.
Foto

Muíño de Vilar

O edificio é de cachotería de granito e presenta cuberta a dúas augas, pero cun dos lados moi pouco pronunciado. Unha longa canle de pedra envía a auga cara o muíño para facer xirar os seus dous rodicios. Na súa fachada presenta dous estreitos vans que dan luz ó interior e as dúas aberturas dos infernos por onde sae a auga.
Foto

Muíño do Sariño

Situado no Val de Vimianzo, este pequeno muíño traballaba coas augas do río Pequeno ou Vimianzo, antes de que desemboque no río Grande. Pertence ós veciños de Irroa e Bribes que sempre se turnaban para poder moer alí o gran. Hoxe, os veciños tiveron que ser quen reconstruíran este muíño que está caendo de novo no esquecemento. Dentro aínda conserva todas as pezas en perfecto estado. Trátase pois dun perfecto exemplo do muíño tradicional, que se pode visitar sen problema.
Río

Desembocadura do Río Vimianzo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta