-
-
187 m
4 m
0
2,3
4,6
9,11 km

Vista 3271 veces, descargada 43 veces

preto de Bueu, Galicia (España)

A ruta dos Pazos de Bueu achéganos a catro destas singulares construccións señoriais, que son unha mostra xenuina da arquitectura rural galega e a representación da antiga organización económica das nosas aldeas ata o século XIX. Estos son o pazo de Santa Cruz, o Pazo de Ouril, o Pazo de Castrelo e a Casa dos Picos.

Polo camiño adentrarémonos por corredoiras, campos de cultivo, monte qu aínda conservan especies autóctonas coma o carbalo, o loureiro ou os ameneiros, especies animais coma coellos, esquíos e aves coma os cucos, paporrubios, verderolos ou xílgaros, e mesmo lugares dende onde divisar fermosas vistas das rías de Pontevedra e Aldán ou achegarnos a diversas mostras da arquitectura relixiosa como cruceiros, capelas como a de Santa Ifixenia ou San Mamede ou a Igrexa de San Martiño co seu calvario. Tamén fontes, lavadoiros e outros exemplos de arquitectura popular.

A ruta é circular, e a duración estimada é dunhas 4 horas, de dificultade baixa-media.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta