Tiempo en movimiento  unha hora 39 minutos

Tempo  3 horas 18 minutos

Coordenadas 868

Fecha de subida 22 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
750 m
507 m
0
2,8
5,6
11,1 km

Vista 22 veces, descargada 2 veces

preto de Bolmente, Galicia (España)

A ruta empeza enfronte do Local Veciñal de Bolmente e collemos a carretera que vai a Viloriz e Pacios , desviámonos despois a dereita para achegarse ó Petróglifo da Paxota, descuberto recentemente.
Seguimos baixando e collendo a esquerda pasamos primeiro por Pacios e despois polo Taro. Pasado este último pobo collemos a esquerda una pista forestal que nos leva a carretera que vai o Mirador da Cividade. Despois de gozar coas fermosas vistas do Canón do Sil seguimos polo cortalumes, pasamos xunto a un observatorio de aves e pouco despois chegamos ó segundo mirador: Mirador do Boqueiriño. Enfronte podemos ver o Mosteiro de Santa Cristina, rodeado de castiñeiros centenarios.
Máis adiante deixamos o cortalumes e collemos á esquerda una pista que nos leva o segundo petróglifo: Petróglifo da Laxa da Carreira. A pista continúa, xiramos a dereita e pasamos por As Chouselas, Ferrón, e un pouquiño máis adiante xa chegamos a punto de partida.
No recorrido podemos ver ademais elementos da arquitectura tradicional como hórreos, adegas, palleiras, fontes, pozos.
foto

Souto de castiñeiros

foto

Petróglifo da Paxota

Descuberto recentemente é un dos bos exemplos de petróglifos do sur de Lugo, coa súa combinación de coviñas e espirais.
foto

Hórreo en Pacios

foto

O Taro

foto

Miradoiro da Cividade

foto

Vistas do canón do Sil

foto

Observatorio de paxaros

foto

Miradoiro do Boqueiriño

foto

Petróglifo da Laxa da Carreira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta