Tempo  7 horas 55 minutos

Coordenadas 3083

Fecha de subida 14 de abril de 2017

Fecha de realización abril 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
351 m
136 m
0
5,5
11
22,04 km

Vista 3153 veces, descargada 67 veces

preto de Covas, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta dos tres pazos no lugar de Xanín, a beira do polideprotivo, moi preto do centro de Negreira. Un pouco de asfalto nos leva por camiños, pasando polos lugares de Fontemirón e Rebordáns para adentrarnos pola beira do río Tambre ata Ponte Maceira.
A Ponte Maceira é unha aldea que está situada na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre.
En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muíño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construída sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares doutra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.
Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existe unha coñecida lenda, que xa recollera o Códice Calixtino (Libro III, Capítulo I), que relaciona Negreira coa tradición xacobea. A lenda afirma que os discípulos do Apóstolo Santiago viñan a todo correr dende o norte, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron a Ponte Maceira e viron como, de súpeto, cando o facían os romanos, a ponte veuse abaixo e grazas a esta intervención "divina" conseguiron escapar. Esta lenda quedou reflectida no escudo do concello desde 1866, cando se aprobou o deseño do actual escudo: "O consistorio na sesión plenaria do 24 de febreiro do 1866 deixaba escrito: Este pois é o acontecemento que este concello se propón lembrar no seu escudo de armas".
Aquí tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernando Pérez de Trava e Bermudo, cos que os enfrontamentos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais.

Atrevasamos á aldea para, cruzando unhas leiras labradas para o seu cultivo, continuar pola beira do río Tambre, polos carreiros que fan os pescadores, que aínda que se atopan algo obstruídos pola ramaxe e un que outra árbore caída, pódese camiñar. Atopamos tamén e camiñamos un bo rato pola súa beira, o encoro de Barrié de la Maza.
Agora toca camiñar por camiños rodeados de árbores autóctonas e non uatóctonas, que tamén os hai, ata chegar a Negreira, onde nos espera un merecido descanso e un bo xantar no restaurante "O Noso Lar".

Pola tarde o percorrido restante ata o inicio, facémolo polo paseo existente pola beira dos ríos de Barcala e de Albariña.
Aínda que nós non os visitamos, cónstanos que na ruta están os tres pazos que se indican:
Pazo de Cotón, Pazo de Baladrón, vivenda e a súa contorna de propiedade particular, foron construídos entre 1945 e 1955 por alguén que fixo fortuna e por último o Pazo de Albariña.

Tempo en movemento: 5 horas 33 minutos con unha media de 4 quilómetros hora.
Waypoint

acuíferas no Río de Barcala

Waypoint

camiño limpo

Waypoint

camiño Ponte Maceira

Waypoint

capela San Blas en Monte Maceira

Waypoint

cartel informativo

Waypoint

casa ao lado da capela en Ponte Maceira

Waypoint

corrente do río Tambre

Waypoint

cruceiro en Ponte Maceira

Waypoint

Cruzando polas leiras

Waypoint

INICIO Xanín

N42.91676° W8.73990°
Waypoint

interior do muíño en Ponte Maceira

Waypoint

lateral da Ponte Maceira

Waypoint

monumento en Negreira

Waypoint

muíño no paseo en Negreira

Waypoint

o río de Barcala

Waypoint

o río Tambre

Waypoint

o Tambre en Ponte Maceira

Waypoint

os dous arcos da Ponte Maceira

Waypoint

paisaxe

Waypoint

paseo pola abeira do río

Waypoint

paseo pola beira do río en Negreira

Waypoint

estatua en honra aos peregrinos en Negreira

Waypoint

Ponte Maceira

Waypoint

Ponte Maceira.

Waypoint

remanso no río ode Barcala

Waypoint

remanso río Tambre

Avituallamiento

Rest. O NOSO LAR

Waypoint

río de Barcala

Waypoint

río de Barcala.

Waypoint

sendeiro autóctono

Waypoint

sombras do río Tambre

Waypoint

sombras no río de Barcala

Waypoint

Tambre en Ponte Maceira

4 comentarios

  • Foto de Docsxan

    Docsxan 04-jun-2018

    Grazas polo track,
    Impresionantes carballeiras,
    Eso si, despois de pasar o viaducto, imposible o rio: ademais de ter que atravesar unas plantación de milo, que non creo que lle goste moito o propietario, a vexetación faino inviable.
    por certo a ruta "oficial" según os carteis, nalguns sitios non coincide co track.
    O Concello de Negreira ten unha breve descrición na sua web, pero nin mapa nin folleto nin track.
    Asi que:
    dasparrandas 1,
    concello de Negreira 0

  • O bailarin camiñante 27-sep-2020

    A lenda dos apostoles e os romanos ainda que existe en Negreira e esta referida no seu escudo, refírese a outra ponte xa non existente, úns tres ou catro kms rio abaixo, A PONTE DAS PIAS, que unía as duas beiras do Tambre por o ramal da via romana "Per Loca Maritima", e que se acercaba o campamento do Marco de Cornado, saudos¡¡¡

  • O bailarin camiñante 27-sep-2020

    A ruta oficial, servidor e o creador, ten 16,5 km.

  • susanagomez 19-dic-2020

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta muy chula. Los paisajes preciosos

Si quieres, puedes o esta ruta