Tiempo en movimiento  3 horas 18 minutos

Tempo  6 horas 23 minutos

Coordenadas 3223

Fecha de subida 1 de enero de 2020

Fecha de realización enero 2020

-
-
1.968 m
747 m
0
4,6
9,3
18,51 km

Vista 4 veces, descargada 0 veces

preto de Breña Baja, Canarias (España)

Ruta liñal pois a ida entre Los Canarios e a área de lecer de El Pilar foi feita en taxi. Comentar que esta é unha boa solución pois a ruta é longa abondo como para poder facer ida e volta (poño foto do teléfono dos taxis e prezos).
Comeza cunha importante subida, que logo continúa de xeito máis moderado ara o quilómetro 8 aproximadamente, cando comezamos o descenso.
Todo o percorrido está sinalizado, se ben hai que colle alternativas para subir aos diferentes volcáns.
A paisaxe é moi interesante e as vistas fantásticas tanto cara á Caldera de Taburiente (dende aquí hai unha perspectiva global dela) coma sobre o val de Aridane, a costa leste, diversos volcáns e finalmente a punta sur da illa. Igualmente podemos, se o día o permite, albiscar as illas de Tenerife, Gomera e El Hierro. As mostras de volcanismo relativamente recente tamén espertan o interese, e mesmo a fantasía, do camiñante.
Grande parte do percorrido transcorre por entre piñeirais máis ou menos mestos. Estes poden dar sombra en días moi solleiros, porén non se debe esquecer levar gorra e algunha prenda de abrigo, segundo a época do ano, pois nas alturas pode ir frío. Nalgunhas partes o piso é de lapilli ou picón volcánico que, nas baixadas, pode ser molesto para algunha xente (non falemos se se tivese que subir!)
En todo o percorrido non hai fontes disponibles polo que é mester levar auga. Requirre unha mínima preparación e estado físico.
Ruta imprescindible segundo a miña opinión.
Picnic

Inicio. Área de lecer e refuxio de El Pilar.

panoramica

Panorámica

panoramica

Miradoiro Birigoyo

foto

Malpaíses

Intersección

Cruce

Intersección

Dereita

panoramica

Barranco

panoramica

Panorámica

Intersección

Cruce

cima

Cráter Hoyo Negro

Intersección

Ida ao volcán

Sitio arqueolóxico

Pozo volcánico

cima

Nambroque

panoramica

Penedo. Miradoiro sobre o leste da illa

Risco

Non camiño. Evitar.

Preferible voltar polo camiño de ida.
Lugar de observación de aves

Corvos

Confianzudos e afeitos a roubar a comida dos camiñantes!
panoramica

Miradoiro

Porto de montaña

Malforado

Intersección

Subida Duraznero

panoramica

Volcán La Deseada

Intersección

Cruce

Risco

Lapilli

panoramica

Volcán

panoramica

Volcán

cima

Volcán de Martín

cima

Cráter volcán de Martín

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta