Coordenadas 699

Fecha de subida 20 de abril de 2014

-
-
110 m
2 m
0
3,0
6,0
12,06 km

Vista 1701 veces, descargada 19 veces

preto de Perlio, Galicia (España)

Ruta realizada por Alejandro Martinez, Brais Guerrero, Diego López, Nacho Carpente (Alunmos de 1º de BAC do IES de Fene para o seu traballo de E.F.) e Jonh Cardona.
Nesta ruta, saíndo de Fene, chegando ao concello de Ares, cruzando o de Cabanas e rematando no de Pontedeume, pódese ver parte dos espazos naturais que ofrecen estes concellos.
Esta plaza é o inicio da nosa ruta.
Camiño paralelo á Matadora, agradable pasear entre as veiras deste singular carreiro. Penedo de de Abaixo, Perlío. Camiño paralelo á Matadora, agradable pasear entre as veiras deste singular carreiro. Penedo de de Abaixo, Perlío.
Esta parte do camiño ya pertence a Barallobre. Penedo de arriba, Barallobre.
Este camiño queda moi preto do noso instituto.
Antiga fonte que axudounos a refrescarnos no noso paso por Barallobre.
Un sendeiro que cruza un monte de carballos, eucaliptos e castiñeiros que divide Barallobre de Maniños.
Agradable zona do camiño onde a sombra das arbores mantéñenos frescos.
Pequeno parque no remate de Maniños e o inicio de Limodre. Aquí podemos gozar dunha zona onde descansar e beber un pouco de auga procedente do río Ba.
Igrexa gótica cun fermoso adro con camelias no centro de Limodre.
Neste tramo da ruta deixamos o concello de Fene para entrar no de Ares, concretamente o pobo de Redes.
Xeitoso camiño que nos leva por todo un bosque de abundantes carballos, salgueiros e toxos.
Seguimos descendendo ata a zona costeira.
Na saida do monte, chegamos a esta praía de excelentes condicións, de volta, en Limodre.
Collendo o camiño sinalado chegaremos á praia.
Zona da ruta con claros entre as árbores e de suave pendente.
Voltamos cun pequeno descenso ata Almieiras, a seguinte praia da nosa ruta.
Tramo do camiño onde xa se pode sentir o mar.
Fantastico lugar onde podemos descansar e disfrutar das fermosas vistas desta praia que ata contén as ruinas dun antigo muíño.
Comeza un tramo de pendente onde non se debe perder o espíritu.
Comezamos unha mesta zona de monte cunha gran cantidade de carballos.
No baixo monte podemos atopar moreas de fieitos.
Toda a zona dá unha agradable sombra nos días máis calurosos e soleados.
Nesta zona xa queda pouco para chegar a praia de Cabanas.
Piñeiral pegado á praia con bancos e mesas para facer unha pausa.
Neste espazo da ruta abandonamos o concello de Cabanas.
Entramos en Pontedeume, cruzamos a antiga ponte que ata hoxe en día é a principal vía de entrada á vila.
Xa estamos a piques de chegar ó final desta magnífica ruta.
Oficialmente, neste punto finaliza o noso traballo.
Agora intentádeo vos!

1 comentario

  • Foto de FenePonte

    FenePonte 05-jun-2014

    Camiño paralelo á Matadora, agradable pasear entre as veiras deste singular carreiro. Penedo de de Abaixo, Perlío. /outdoor-trails/ruta-fene-pontedeume-6628199#wp-6628201

Si quieres, puedes o esta ruta