jandra
46 7 17

Coordenadas 470

Fecha de subida 18 de febrero de 2014

Fecha de realización febrero 2014

-
-
79 m
8 m
0
1,3
2,5
5,05 km

Vista 1311 veces, descargada 19 veces

preto de Alboreda, Galicia (España)

Esta é unha ruta lineal, podendose facer en calquera dos dous sentidos. Moi sinxela, corta e sen apenas desnivel. A época mais recomendable para facela é en primaveira ou en verán, pero non despóis de chover moito, por enfangarse os sendeiros próximos ó río, humedais...
A saída faise dende San Pedro de Muro, ó lado do campo de futbol, e do Centro de Interpretación de San Pedro de Muro. Collemos un sendeiro á dereita do Centro de Interpretación, que nos deixa nun pista asfaltada, sen apenas tráfico. Seguimos uns metros, ata chegar á altura dunha pequena casa en construcción, que nos quedará á man esquerda. Á dereita, saen dende o mesmo punto tres sendeiros con bastante vexetación. Collemos o da esquerda, que nos permitirá cruzar un regato por un pequeno paso, deixándonos nunha zona de cultivo. Collemos á dereita, bordeando os culivos e paralelos ó regato, ata chegar a unha bifurcación, onde nos desviaremos á dereita. Camiñamos uns metros ata chegar a outro sendeiro, continuando a ruta á esquerda ata chegar a un cruce, onde seguiremos de frente e que nos deixará na lagoa de San Pedro de Muro (que xa se ve dende o cruce). Seguimos a senda, ascendendo suavemente ata enlazar con outro sendeiro, onde colleremos á man esquerda. Uns metros mais adiante, o sendeiro parece que se bifurca, nos colleremos ó da esquerda que nos deixará ó lado da lagoa de Xuño (vemos o observatorio dende a bifurcación). Dende esta lagoa, camiñaremos pola pasarela ata que finalice, onde uns pequenos postes de madeira nos guiarán ata unha nova pasarela, que nos levará ata as Furnas (formacións nas rocas pola acción do vento e do mar), onde hai unha estatua conmemorativa a Ramón Sampedro. Neste punto hai un bar-restaurante (tamen hai contenedores para desfacervos do lixo). Seguindo pola pasarela, chegaremos ata un agradeble merendeiro, nun piñeiral na praia de Río Sieira (onde tamén atoparedes contenedores de lixo). Subindo ata a estrada, colleremos un sendeiro, deixando unha casa á man esquerda. Cruzamos un piñeiral e aparecen varias casas, tornándose o sendeiro en asfalto, e camiñamos ata chegar a un cruce, desviándonos á esquerda. Esta pista, bifurcase en duas pistas, collendo nos á da man esquerda, que nos guiará ata a Ponte de Río Sieira (tamén coñecida como Ponte Medieval). Cruzamos a ponte moi ben conservada, e diriximonos á esquerda, entre un bosque de riveira, que nos deixará nunha carretera ó lado da AC-550.
A ruta remata no punto de unión entre o sendeiro que vai a Ponte Medieval (ou de Río Sieira) e a estrada.
As furnas son cavidades nas rocas feitas pola acción do vento e do mar.
Merendeiro no piñeiral da praia de Río Sieira
Punto de parada da lagoa de Xuño. Hai unha gran variedade de flora e fauna, sobre todo aves, que podemos admirar dende o observatorio. É unha lagoa de auga doce.
Punto de parada para a lagoa de San Pedro de Muro. Conecta co mar a través dun canal de 1 km que discurre paralelo á costa, polo tanto é de auga salgada. Á cantidade de auga varia moito en función da estación do ano, e da marea. Conta cun observatorio de aves.
Esta ponte comunica as parroquias de Caamaño e Xuño, divididas polo río Sieira. Tamén se coñece polo nome de Ponte Medieval, pero parece ser que pode ser romana... Destaca pola sua beleza, sencillez, situación e boa conservación. Podese observar as pegadas dos carros, e unha marca no medio da ponte, que delimita as aldeas mencionadas.
A saida é dende o Centro de Interpretación das lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, que se atopa ó lado do campo de futbol e unha pista polideportiva desta parroquia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta