-
-
302 m
98 m
0
3,1
6,3
12,51 km

Vista 2840 veces, descargada 16 veces

preto de Fene, Galicia (España)

Comenzamos a nosa ruta o 24 de Maio, aproximadamente as 17:00, hora na que saímos da casa dun dos integrantes do grupo, Xano. Este itinerario combina trozos a carreteira, xa que decidimos ir andando ata o suposto punto de partida, o restaurante do Río Belelle; e logo a coñecida paisaxe de fauna e flora galega que medra ao longo dos canais e da fervenza do Río Belelle.

O obxetivo principal era chegar ao mirador da fervenza, a través do camiño que parte detrás do restaurante do belelle, ascender ata chegar aos canais e continuar por estes ata o desvío no cal empeza a baixar o sendeiro ata o mirador do Belelle. Posteriormente volveriamos polo mesmo camiño ata o restaurante do belelle.

Nese día facía unha temperatura aproximada de 22ºC e o ceo estaba completamente despexado, razón tamén pola cal eliximos esta ruta xa que é bo camiñar pola sombra nas horas de máis calor. Como protección para o sol, levbaamos unha crema de factor 20 e abundante auga repartida en botellas pequenas, amais de comida para a ocasión (froita, bocatas, galletas...). En resumo, hidratos de carbono para aportar enerxía e auga para evitar a deshidratación e os golpes de calor.

Ben, o primeiro punto de interese é a casa de Xano, que esta situada nunha zona dende a que se ve toda a ría de Ferrol, parte de Valdoviño, as outras tres rías da zona da Coruña, a cidade da Coruña con o Faro de Hércules e alcánzase a ver tamen Malpica e as Illas Sisargas. Tras observar esta vista empezamos a nosa ruta pola estrada ata o noso segundo punto de interese, o Local Social de Magalofes. Polo camiño observamos unha típica aldea galega con as casas separadas e distantes, sen superpoboación (500 habitantes). Alí paramos para comprar un xeado, xa que a calor era moita e iamos a plena luz, sen ningunha sombra.

Proseguimos o camiño pola estrada AC-3503. Ao noso redor tiñamos un extenso e frondoso bosque composto maioritariamente por eucaliptos, árbore invasora e non autóctona, pero tamen por carballos, teixos, castiñeiros... Seguimos por ahí ata chegar ao cruce de San Marcos.

Cruzamos e seguimos polo camiño indicado xa por carteis ata o restaurante do río Belelle, 3º punto de interese, lugar onde comeza a nosa ruta por sendeiro sen asfaltar. Aquí paramos a tomar fotos do río e a súa ribeira, non podendo acceder á zona do restaurante xa que éste leva pechado varios anos. A hora de chegada a este punto foi as 18:00.

Comezamos a verdadeira ruta de sendeirismo. Esta discorre polo medio do monte colindante á ribeira do río. O sendeiro estaba plagado de paus e telas de araña, cousa que demostra o nulo impacto humano, e non encontramos lixo algún en todo o noso percorrido. Tamén encontramos varias árbores caídas a causa dos fortes ciclóns que a veces pasan por Galicia.

Proseguimos ata chegar ao 4º punto de interese, un antigo muíño xa derruido antes utilizado para moer millo, trigo,etc.
Aqui facemos unha pausa pequena para comer.

Seguimos polo camiño que agora discorre á beira do río ata que mais adiante se desvía á esquerda. Aqui tivemos unha pequena confusión pero guiamonos polas señais de continuidade de sendeiro.

O camiño empeza a subir e a alonxarse do río. Continuamos andando ata chegar a outro cruce, onde seguimos a indicación proposta polo Club Montaña Ferrol, pese a que podiamos ter proseguido polos canais. Neste camiño encontramonos con diversos riachos que dificultaron e atrasaron a nosa ruta, xa que embarraban o camiño. Tamen continuamos cas indicacións que se vian nos desvios ( Dúas liñas, continiuidade; unha cruz, camiño incorrecto).

O noso 5º punto de interese foi a unión do sendeiro de montaña co canal do río Belelle, lugar a partir do cal teremos que continuar pola beira de cemento deste.

Proseguimos polo canal que moitas veces se metía por debaixo das rochas e nós tiñamos que facer un desvío por un sendeiro previamente marcado. Aquí a temperatura xa descendera moito, unhos 4 ºC ou asi, debido ao aumento da altitude e a que tiñamos o canal de auga ao lado. Paulatinamente viamos o val creado polo río Belelle e toda a masa forestal que o rodea, escoitando distintos e variados cantos de paxaros.

Aqui chegamos ata o 6º punto de interese, o final do canal para nos e tamen cunha comporta que liberaba a auga do canal nun bonito salto de auga. A nosa ruta xa se desvía aqui cara abaixo, chegando a un descenso pronunciado composto por continuas curvas.

Comezamos a descender, xa vendo a veces fragmentos da fervenza do Belelle, e escoitando o ruxir do caer da auga, e rodeados de fentos, carballos, castiñeiros, sauces, etc. Todo vexetación autóctona e coidadosamente protexida.

Despois chegamos ata o 7º punto de interese, o Mirador de Viladonelle, onde nos paramos a comer un pouco, a descansar e a disfrutar das vistas antes anunciadas nunha bonita construcción de madeira con asentos. O descanso foi dunhos 20 minutos.

Continuamos baixando ata chegar por fin ao final da pendente, vemos o río á nosa frente, a central hidroeléctrica de Fenosa á nosa esquerda e á dereita a famosa fervenza. Collemos o sendeiro que vai paralelo ao río e a cascada para admirala dende máis preto. Diriamos que é o punto cúlmen da nosa ruta: A fervenza e o seu entorno é unha preciosa e relaxante paisaxe de visita e parada obligada. Tras mirala e sacar fotos, decidimos baixar por un sendeiro e tras sortear varias rocas achegamonos mais ao salto de auga. No alto da fervenza vimos nese momento unhas cabras pastando, que rapidamente escaparon ao sentirnos. A hora de chegada a este lugar foi as 19: 30.

Tras sentarnos un rato e comer máis iniciamos o camiño de volta por exactamente a mesma ruta de ida. Salientar o avistamento de un buxato, cría de aguia que se ve bastante por os montes da comarca de Ferrolterra e tamén que continuamos todo o tempo polo canal en vez do desvío anteriormente tomado. Adiantamos unhos 10 ou 15 minutos.

A chegada ata o punto final da nosa ruta, o restaurante de Belelle, transcorreu sen incidentes e non foi dificultosa. A hora foi as 20:50. Alí collimos un coche e volvimos cada un á súa casa.

Acompañamos esta descripción de fotos da nosa ruta para ilustrar o percorrido.



Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta