-
-
325 m
12 m
0
5,0
10,0
19,99 km

Vista 2292 veces, descargada 45 veces

preto de Oia, Galicia (España)

Preciosa ruta entorno aos 17 kilómetros cun nivel de dificultade baixo que transcorre entre os cen e trescentos metros sobre o nivel do mar. Está sinalado nas dúas direccións, pero nós ímolo facer como se recomenda pola Asociación Cultural de Amigos do Monte de Oia, que é dende o sur cara ó norte, saíndo da Pedreira ata o remate, moi preto de Baiona, levando case todo o tempo, á nosa esquerda o Atlántico.

Conta unha vella lenda de Oia, que na ladeira de Cano dos Mouros, existe unha rocha coñecida como "a pedra do rei Sol", dende a que un monarca de tempos moi antigos adoraba ó astro rei Sol, xa que ver o espectáculo do astro rey poñéndose sobre unha liña do horizonte que as veces se confunde entre o mar e o ceo, e a masa oceánica en movemento desfacéndose en millóns de gotas de espuma, sempre deixará unha parte do seu corazón neste fermoso lugar. Podemos contemplar a misteriosa mensaxe da prehistoria a través dos petroglifos que atoparemos ó longo do percorrido.

Comenzaremos a ruta en Torroña, e só a cincocentos metros atoparemos xa os petroglifos da Pedreira baseados en liñas e cazoletas que aparecen unidas mediante surcos. Un dos surcos nace dunha cazoleta na parte superior finalizando nunha pila natural, que presenta un surco de saída a modo de desaugue, o que fai pensar que foi empregado como soporte-altar, en actos rituais con emprego de líquidos. Poderíamos definilo como un "outeiro-santuario" moi visitado hai 4000 anos, onde se poden recoñecer todavía unha ducia de superficies con gravados rupestres de temática xeométrica. Este enclave conta cunhas magníficas vistas sobre o porto de Oia e o mosteiro cisterciense do século XII.

Un kilómetro despois chégase á zona do Viveiro, en cuxos arredores existen varios grupos de gravados rupestres que cobren unha extensa área dende o Alto do Visiño (A Xestosiña) ata Figueirido (Auga dos Cebros), destacando as tres embarcacións de orixe mediterránea.

O seguinte punto de interese coñécese como Outeiros do Morouzo (km 3) onde, ademáis de impresionantes vistas, existen varios grupos petroglifos, coa Pedra do Cazador como superficie máis destacada. No kilómetro 4,1 alcánzase outro outeiro santuario coñecido como A Pousadela, onde se poden apreciar tres superficies principais con gravados, muiños rupestres e fantásticas vistas sobre toda a rasa atlántica de Oia, incluíndo as illas Orelludas.

A partir deste punto, e durante uns 4 kms entramos no cañón do río Broi, onde se atopan as Sobreiras do Faro, consideradas como o bosque mediterráneo máis occidental de Europa catalogado como Espazo Privado de Interese Natural. Despois dunha falsa subida de 1,8 kms chégase ao recinto fortificado de Cano dos Mouros (apréciase pouco, só o suficiente para facerse unha idea da construcción) (km 9,9), con fermosas vistas tanto sobre a costa como sobre os cumios da serra da Groba. De Cano dos Mouros descendemos por unha pista asfaltada ata o Outeiro da Cheira (km 10,9) con visión panorámica sobre Mougás, pasando por As Goteiras (conxunto de gravados). Dende aquí seguiremos pola pista forestal que pasando polo río da Fervenza (km 12,3), chega ata os gravados de O Pousiño (combinacións de cazoletas; km 13,4), debaixo dos cales se atopan As Pozas do río Peito (km 13,9), con fermosas fervenzas no seu entorno.

Continuamos en dirección aos gravados existentes en Pedra Lan (km 16,1), e dende aí seguimos ata a elevación coñecida como A Cabeciña (km 17,8), a cal posúe un recinto fortificado que controlaba o acceso polo norte á rasa litoral de Oia, e un dos conxuntos de petroglifos prehistóricos máis interesantes do suroeste galaico. Finalmente, descéndese ata a estrada Baiona - A Guarda a altura do Barrío da Mata onde rematamos.

2 comentarios

  • Leo Buzo 07-ago-2014

    Exactamente lo que buscaba para ver los petros litorales de Oia. Gracias por el Gpx. Leo Buzo

  • Foto de jesus.presedo

    jesus.presedo 08-ago-2014

    Me alegro de que te haya servido de ayuda. Un saludo.

Si quieres, puedes o esta ruta