Tempo  3 horas 28 minutos

Coordenadas 1023

Fecha de subida 16 de enero de 2016

Fecha de realización enero 2016

-
-
404 m
65 m
0
2,8
5,7
11,38 km

Vista 2411 veces, descargada 58 veces

preto de Mougás, Galicia (España)

Trátase dunha variante circular da Ruta Máxica de Oia no seu tramo pola parroquia de Mougás, seguindo o trazado sinalizado nos paneis ata as Pozas de Mougás e logo tomando un desvío ata o Curro de Mougás.
Aconsellamos facer antes a variante circular dende o outro extremo da Ruta:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9134513
Grande parte do percorrido é zona de eucaliptos, e só cando se toma o desvío cara ao curro é cando os piñeiros se deixan ver.
A nivel de patrimonio cultural hai que salientar o xacemento da Cabeciña, que nos meses de verán adoita ter visitas guiadas, e os petróglifos de Pedra Lan.
Se vai calorciño é aconsellable ir preparado para dar un chapuzón nas pozás!
No curro, alomenos cando se fixo esta andaina, estaba todo bastante cheo de lixo.
Castro A Cabeciña. Petróglifos.
Vistas dende o alto do castro da Cabeciña
Intersección para Pedra Lan ou para as pozas
Petróglifos Pedra Lan
Volta ao camiño tras ver os petróglifos de Pedra Lan
indícase esta intersección porque está sinalizada con carteis no camiño
Esta intersección está sinalizada pero o pau dos carteis estaba fóra da súa posición cando fixemos a andaina. Para ir ás pozas hai que coller o desvío á esquerda, deixando á esquerda unhas mesas e bancos de pedra.
Panel das Pozas
Pozas de Mougás
Desvío a Curro de Mougás. Este desvío colle un camiño con bastante desnivel, honestamente o motivo principal é facer un percorrido circular e, xa de paso, ver o curro. Sen dúbida é máis cómodo voltar polo mesmo camiño que á ida.
Collendo cara arriba a man dereita en poucos metros está o curro. Collendo cara abaixo (esquerda) a pista enlaza logo preto do xacemeto da Cabeciña.
Curro de Mougás
Vista da costa

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta