Tempo  6 horas 35 minutos

Coordenadas 1433

Fecha de subida 30 de noviembre de 2016

Fecha de realización noviembre 2016

-
-
500 m
238 m
0
3,6
7,2
14,35 km

Vista 1740 veces, descargada 31 veces

preto de Mugares, Galicia (España)

Este sendeiro homologado no concello de Toén consta dun percorrido circular (ruta principal) e logo, a maiores, ten dúas variantes. Unha delas, a Variante 1 (de 3,1 Km) é un atallo preto de Moreiras e a outra, a chamada Variante 2 (de 4,8 Km) é de trazado diametral. De xeito que hai varias posibilidades para facer este PR-G 186. Nós imos simplificar a nosa andaina dividindo o sendeiro en dous aneis e que van ter en común a Variante 2.

Neste anel 1 atoparemos os seguintes puntos de interese:

- A riqueza arquitectónica, especialmente en Moreiras coa súa igrexa de San Pedro, do século XVIII, con fachada barroca e rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada. A citar tamén a Casa do Patín e todo o casco antigo.

- En Mugares é importante a casa reitoral, a igrexa de Santa María do século XVI, un pombal de planta circular, os cabaceiros e máis a súa fonte medieval.

- Zonas boscosas con presenza de sobreiras -das que se aproveita a súa cortiza-, castiñeiros, érbedos, carballos, freixos e piñeiros.

- Formacións graníticas senlleiras, nas que sobrancean a Cova da Cima da Granxa e máis o Penedo Fendido.

- As antigas Adegas de San Vicenzo -hoxe en ruínas- e o Castro de Louredo.

Ver más external

Antigas adegas, hoxe en ruínas.
Área recreativa no lugar de Fondón.
Área recreativa en Moreiras.
Formación ciclópeas de granito.
Bosque de carballos.
Antigo castro.
Punto de inicio do roteiro na estrada a Toén.
Camiño estreito.
Camiño estreito.
Oco baixo penedos graníticos.
Recinto de hórreos.
Capela.
Fonte de auga potable.
Fonte románica en Mugares.
Fonte de auga potable en Moreiras.
Bosque mixto.
Igrexa do século XVIII en Moreiras.
Igrexa do século XVI en Mugares.
Parroquia no concello de Toén.
Lugar no concello de Toén, Ourense.
Rocha granítica cabaleira.
Bolos graníticos ciclópeos.
Recinto para as palomas.
Casa reitoral da igrexa de Santa María de Mugares.
Bosque de sobreiras.

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta