Tiempo en movimiento  3 horas 39 minutos

Tempo  4 horas 16 minutos

Coordenadas 2367

Fecha de subida 22 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
279 m
10 m
0
3,5
7,0
13,94 km

Vista 70 veces, descargada 2 veces

preto de Manselle, Galicia (España)

Roteiro literario basado na obra de Anxo Angueira "Pensa Nao" que percorre os principais xacementos arqueolóxicos de Dodro e os últimos lugares que deixaron os protagonistas María e Amaro.
Waypoint

A Casa de Camoiras o Souto e o cruceiro.

Saída da Ruta.
árbol

A palmeira do señorito.

foto

Camiño de saída da aldea.

Información

Panel informativo

foto

O inicio do Roteiro entre carballos e castiñeiros.

panoramica

Outeiros de Paredes

foto

Muro seco

Sitio arqueolóxico

Petróglifo da Devesa

http://patrimoniogalego.net/index.php/80513/2015/12/petroglifo-da-devesa-dos-mouchos/ Petróglifo formado por círculos concéntricos e con cazoliñas no centro destes, sobre unha rocha nas inmediacións da aldea da Devesa e no lugar denominado Viachán. Está moi erosionado e a súa visión é moi difícil. Ten semellanzas cun labirinto tipo Mogor.
Sitio arqueolóxico

Petróglifo da Devesa

foto

Corredoira tradicional

foto

Pedras escritas polos canteiros....

Arquitectura religiosa

Cruz do Avelán

Atópase nun lugar afastado das casas, nunha antiga encrucillada de varios camiños, case todos eles transformados nas últimas décadas en estradas, que se dirixen ás aldeas da Igrexa, Imo, O Castro, A Devesa, Teaio e Bustelo. O lugar máis próximo -seguindo as actuais vías de comunicación-, é o da Devesa, a uns 900 m de distancia. Polo mesmo, dadas as súas características, o lugar era tanto daquela como aínda hoxe en día moi axeitado para que se erguese unha cruz, que se divisaba na cima do outeiro xa dende lonxe, cousa que agora non é posible pola abondosa vexetación que cubre todo o monte. Queda no “camiño sacramental”, tanto para ir á igrexa de San Xoán, que é actualmente a parroquial, como antes para a de San Xiao, por onde había que pasar cos defuntos das aldeas da Devesa, Bustelo e Teaio. Descrición Faille de alicerce unha rocha natural, sobre a que están dous chanzos, de maior a menor, formados por varias pedras, nos que se asenta o voluminoso fuste de sección cadrada (de 0,62 m de lado), pero cos cantos rebaixados agás nos extremos, como adoita ser corrente en todos estes cruceiros, nos que hai un motivo ornamental, que nos superiores semella unha folla ou espiga de trigo ou centeo. Mide de alto 1,60 m. Cómpre subliñar, por ser único en cantos levamos estudiado polo de agora, o feito de que nas catro caras da pedra inferior do fuste teña como ornamento unha especie de fornela labrada en baixorrelevo, co lado superior redondeado. Abranguendo todo o fronte da segunda pedra e parte da terceira hai un oco semellante a unha fornela, coa parte superior redondeada e varias cruces inscritas dentro, no que é de supoñer que se acollese algunha imaxe, agora desaparecida. Quizais puido ser mesmo un pequeno retablo dedicado ás ánimas do Purgatorio, pero os veciños non saben dar razón, polo que non deixa de ser máis que unha suposición sen fundamento (FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, 1997: 54) . Non hai dúbida que se trata dun rebaixe moi posterior ó cruceiro, pois ó facelo destruíuse parte da inscrición. Posiblemente date de cando se creou a parroquia de San Xoán de Laíño, a finais do século XVIII, que co gallo de ter que construír unha nova igrexa poñerían aquí algunha imaxe (mesmo a do padroeiro), así como tamén o peto pola parte de arriba, aproveitando que era un lugar moi transitado. A peza seguinte é o capitel, baixo, adornado cunha moldura e no lado frontal cunha cabeza de querubín coas ás abertas. Mesmo sobre esta figura tallouse non sabemos cando —pero moito despois de face-lo cruceiro— un burato cadrado destinado a peto de esmolas, polo que é de supoñer que en tempos pasados tivese unha portiña, de ferro ou de madeira. Sobre o capitel aséntase a capeliña ou fornela, formada por catro pedras: as dúas laterais, a traseira e a que cubre. En cada unha das xambas ten gravada en baixorrelevo unha columniña salomónica, na que se albiscan a base e o capitel; e no fronte da pedra da cuberta, que sobresae varios centímetros por diante, un arco tamén co mesmo motivo ornamental. O teito por dentro semella unha bóveda de crucería, cos seus correspondentes catro nervios e a clave central, esta última ben traballada; mentres que polo exterior é de perfil semicircular. Proporcionalmente esta capela é alta, pois mide dende o capitel ata o teito case un metro (exactamente 0,98 cm.). Agora no interior non acolle ningunha imaxe, pero os veciños contan que dicían os vellos que antes estaba unha da Virxe, que desapareceu xa hai moitos anos. Algúns din que é a que campa na fornela da fachada da igrexa parroquial, sobre a porta. O monumento remata coa cruz, asentada no teito da capela, sobre unha pequena base cúbica con adorno nas catro caras en zigzag. É de sección cadrada, coas arestas rebaixadas, agás nos remates dos brazos que son cadrados, tendo no medio de cada un dos cantos un círculo inscrito. A imaxe de Cristo case non sobresae, atopándose totalmente apegada á cruz, con escasos riscos anatómicos, tamén borrados en parte polo desgaste da pedra. O pano de pureza anóao a súa esquerda. Distínguense ben as cabezas dos tres cravos, por ser proporcionalmente moi grandes, e a coroa de espiñas. Por detrás da cabeza —caída contra a dereita— ten o nimbo circular cunha cruz inscrita, e rematando todo o conxunto a cartela do INRI. Mide de altura en total 4,6 m. Tradicións O lugar é axeitado para situar aparicións de almas en pena e da santa compaña, polo que as persoas maiores aínda lle gardan moito respecto a este cruceiro. Diante detíñanse as comitivas fúnebres, aproveitando para descansar os que levaban os banzos do cadaleito, ou para cambiar de portantes, troco que cumpría facer varias veces, tanto ó subir cara ó cruceiro, como logo na baixada ata a igrexa. Mentres tanto o crego rezaba as oracións correspondentes, así como os responsos que pagaban os familiares e os acompañantes. Quizais en tempos tivo un farol, que se mantiña aceso co aceite que lle ofrecían os devotos. A situación empezou a cambiar a finais do século XIX ó abrirse a estrada de Rianxo a Padrón, quedando os vellos camiños cada vez máis só para paso dos veciños da parroquia e arredores. Actualmente, dende que se xeneralizaron nas últimas décadas os vehículos de motor, son moi raras as persoas que pasan a pé de par do cruceiro, aínda que vivan nas aldeas da Devesa e Teaio, que son as que quedan máis pretas. Nos últimos anos foi acondicionado o seu entorno, plantando árbores e instalando unha fonte, polo que no verán cada vez son máis as persoas que se deteñen alí, algunhas a merendar e outras a pasar unhas horas de lecer. 2. CONCLUSIÓN O concello de Dodro queda dentro da área dos cruceiros de capela, pero xa nun dos extremos, sendo este de Abelán o último que hai seguindo a corrente do río Ulla cara a Padrón. Pouco se pode dicir verbo dun só exemplar, pero cómpre ter en conta que dende sempre os artistas — e como tal, os canteiros ou “santeiros”— tanto traballaban nunha xurisdicción como noutra, igual que agora nos nosos días, sen ter en conta para nada as divisións administrativas. Este de Laíño ten ó seu favor o estar datado, polo que sabemos que se labrou na segunda metade do século XVII (o ano 1672), que foi cando se ergueron os máis destes cruceiros. Os cruceiros de capela: Concello de Dodro CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ
Sitio arqueolóxico

Petróglifo de Padronelo 1

Trátase dunha lousa dun perímetro aproximadamente circular, cuns 1,90 metros de diámetro. Nela pódense observar 6 coviñas de entre 2 e 3 centímetros de profundidade. Aínda que a ficha do PXOM de Dodro dábao por desaparecido co seguinte texto: “a súa ficha o daba como completamente alterado, non o localizamos nas coordenadas, DESAPARECIDO” aplicouse un grao 3 de protección nun radio de 200 metros delimitados por pistas forestais. Debido a unha corta de madeira de pino por parte da Comunidade de Montes “Cruz do Avelán” nas proximidades da zona de protección, o seu presidente procedeu á solicitude de permiso de corta na delegación de Patrimonio da Coruña. O traballo de campo feito polo arqueólogo Julián Bustelo, contratado por esta Comunidade De Montes, deu como froito a “redescuberta” deste petróglifo. A denominación “O Padronelo” non se axeita ó lugar onde se atopa, nin o toponímico e correcto, o seu emprazamento está a escasos 500 metros da outra estación rupestre das mais importantes da comarca como é a de Bouza-Badín na Parroquia se San Xoán Bautista de Laíño, moi preto da aldea de Imo. http://patrimoniogalego.net/index.php/99923/2018/05/petroglifo-do-padornelo-1-en-imo/ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/DODRO/documents/22335CA118.JPG
Sitio arqueolóxico

Castro de Bexo

O Castro de Bexo, tamén coñecido popularmente como “As Murallas” atópase no concello de Dodro sendo a aldea de Bexo a que lle dá nome, cunha altitude máxima de 272 m. Está catalogado no PXOM de Dodro co número de inventario GA-15033013 como xacemento da Idade do Ferro. É un castro que se desenvolve arredor dun primeiro recinto duns 120 m. de longo e 75 m. de anchura, de forma entre cadrangular e triangular, co eixo maior cara ao NW. Este primeiro recinto, de máis de 7.000 metros cadrados, enlaza dous outeiros graníticos, localizados nos seus extremos NW e SE. O do extremo NW e o maior, sendo en sí unha pequena croa moi arquitecturizada en apariencia, de forma case circular e uns 25 metros de diámetro. A elevación SL ten un especial interese. Ë un pequeno promontorio de non mais de 20 metros, abrupto, e cuberto dun derrube que, pola apariencia dos bloques que o forman (maiores que os que vemos no resto do poboado), e a escasas sedimentación que podemos observar sobre eles, fai pensar na súa reutilización como atalaia medieval. Hai que ter en conta que este promontorio domina o curso e a desembocadura do Ulla, sendo visibles ás Torres do Oeste. Dentro do recinto principal podemos ver varias murallas e terrazas intermedias desfiguradas polos derrubes e a vexetación. No extremo SW deste primeiro recinto apreciamos unha interrupción na que puidera localizarse a entrada orixinal. As testemuñas orais abundan tamén nesta posibilidade. Cara ao N vemos outro camiño de acceso, moi ancho e perpendicular ás defensas, que a priori non semella orixinal. En todo o arco NW-SL se desenvolve a menor altura un segundo lenzo defensivo circundando o promeiro recinto. Este lenzo fundese nos seus extremos nos afloramentos rochosos que organizan todo o conxunto. O espazo entre este lenzo e o recinto principal non adoita superar os 6 metros. Na banda NL deste recinto, observamos o que semella un alxibe xa cegado, delimitado por un muro de contención aparencia medieval ou moderna. Fora destos recintos, observamos outros parapetos, máis claros (banda NW) ou menos claros (banda NL e SW). Non hai unha continuidade clara entre eles, pero creemos que forman parte dunha primeira liña defensiva. De ser así, estaríamos a falar un xacemento de mais de 3 Hectáreas de superficie. Outra cousa é precisar a cronoloxía de todo o sistema defensivo, que puidera ser parcialmente medieval. En todo o caso o conxunto de estruturas artificiais excede o Área de Protección Integral de nivel 1 recollida na ficha do PXOM de Dodro. Creemos polo tanto que a área a protexer do xacemento pode exceder a agora delimitada. Carlos Otero. Director do proxecto arqueolóxico.
foto

Castro das Murallas de Bexo

Sitio arqueolóxico

Eira dos Mouros no Castro de Bexo

Di a lenda que na Eira dos Mouros non nacían nin toxos nin xestas polo sangue derramado polos mouros en combate có Apóstolo Santiago do que se gardan as pegadas do seu cabalo nas pedras que arrodean o lugar. Estamos nunha pequena croa circular de uns 1000 metros cadrados que puido ser acrópolis na idade do ferro e despois na idade media reconvertida en punto de observación polas vistas do inicio da Ría de Arousa, Enseada de Rianxo, desembocadura do Ulla etc. Está rodeada por unha muralla, da que aínda se conservan restos visíbeis, de 2 metros de ancho e penedos aproveitados para a súa defensa. Actualmente está en proxecto de recuperación coa eliminación do eucalipto mediante unha actuación promovida polos veciños e comuneiros da C.M.M.C. Cruz do Avelán, a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro e o Concello de Dodro.
panoramica

Mirador de Bexo.

Sitio arqueolóxico

Petróglifos de Bouza Badín

Grupo de varios grabados en nove paneis na aba do Monte Carboeiro. Destaca a "Gran Peneira" como son coñecidos popularmente os círculos concentricos con coviñas mais visibles, pero tamén hai escenas ecuestres, cérvidos, cruciformes, zoomorfos varios... Tamén o "Gran Tetón" chama a atención polo aproveitamento dunha pedra en forma de seno para realizar uns círculos concéntricos. Na última intervención descubríuse un gran cervo cas patas dianteiras dobradas en actitude de salto. http://patrimoniogalego.net/index.php/1287/2011/06/petroglifo-de-bouza-badin-3/
foto

Pedra de Abanear

Pedra de Abanear situada á beira do Camiño Real, que unha vez subidos encima dela faise mover acompasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ó lado hai outras pedras con ocos que se usaban para agacharse e resgardarse da choiva. Na parte de encima ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga, e unha delas parece traballada para facilitar a caída da mesma. “En Carrais, que se localíza, coma Carrais de Pozo, ó suroeste da aldea de Imo, hai unha pedra de abalar, á beira doutra cabalgada de formas dolménicas. Pasa preto delas o antigo Camiño Real. Unha vez cada mil anos baixa do monte o mesmo carro e as lamias van afondando na laxe a corredoira. Eternidade.” Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga: Manuel Lorenzo Baleirón
foto

Hórreos da Lavandeira, Imo

Conxunto de 11 hórreos orientados segundo o eixo norte-sur, variando en número de vans e tipo de soporte. O conxunto compleméntase cunha grande praza onde se realizan as festas patronais, así como un lavadoiro, no extremo noroeste. Os hórreos son de diferentes épocas, mais xorden no 1754 xunto coa construción da igrexa parroquial, debido ao aumento do consumo e plantación de millo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta