Coordenadas 73

Fecha de subida 11 de noviembre de 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
156 m
56 m
0
1,2
2,5
4,95 km

Vista 1281 veces, descargada 23 veces

preto de Roxos, Galicia (España)

A ruta comeza a carón de Pedra Estivada, cerca de Aldea Nova.
Esta rocha ten uns petróglifos con coviñas moi erosionadas. Podemos ver o enlace
http://patrimoniogalego.net/index.php/52723/2013/12/petroglifo-de-pedra-estivada/
Continúa baixando pola estrada do cemiterio ata a ponte que cruza o Sar cara a Quistiláns. A 200 m. collemos un desvío por unha pista de terra cara á esquerda e camiñamos 500 m. ata chegar a entrada do castro de Mirás (ou de Quistiláns) onde podemos observar as súas murallas de terra e o impresionante esporón elevado sobre río Sar en que está situado. Camiñamos pola pista a carón da autovía ata a baixada cara a ponte Cabrita, que cruza o río sobre unha fervenza e apoia o seu arco de cuarto de punto sobre dúas rochas de distinta altura. Antes tiña calzada e varandas, pero foi arrasada por unha riada no ano 1987, quedando só o arco. A día de hoxe (novembro de 2017) está restaurado o arco e limpo de entullos, e tamén podemos ver un anaco de calzada subindo pola marxe esquerda do río cara a autovía que son os restos dunha antiga vía que cruzaba o Sar. Saíndo da ponte iremos por un camiño entre grandes carballos e pasaremos a carón das rochas onde se atopa o petróglifo do Souto, http://patrimoniogalego.net/index.php/97643/2017/12/petroglifo-do-souto/ . Despois subimos por un camiño con carballeiras cara a Roxos. Pola beira da estrada de Santiago, pasando pola Ponte de Roxos e en dirección a Bertamiráns, andando 800 m. chegaremos ao punto de partida.
Restos dunha ponte que formaba parte dunha antiga vía que cruzaba o río Sar . Foi arrasada por unha enchente no ano 1987. Foi desentullado o seu arco de troncos de árbores no ano 2017 e limpado un pequeno tramo de calzada que sube pola marxe esquerda do río cara a autovía.
Está situado nun esporón que se forma nun recodo do río Sar, preto do lugar no que se une ao río Roxos, nos límites dos concellos de Ames e Santiago. Pola parte norte amosa un outeiro rochoso que se ergue máis de 10 metros por enriba do nivel da croa e que presenta uns desniveis que impiden calquera ataque exterior. As condicións defensivas son moi boas. Dende o río, o castro presenta desniveis moi acusados que o rodean por tres partes. A parte sur que non está cinguida polo río está protexida por un parapeto e terraplén que alcanza os 7 metros de altura e que na parte superior está moi esmorecido e co seu aparello derrubado cara o interior. Ten unha entrada pola cara sueste e outra polo suroeste. Ten terras ao seu redor de moi boas condición para ser explotadas economicamente. A pouca distancia do castro está o xacemento de Mirás (GA1002016), onde apareceron restos céramicos e estruturas tipo foxas que ao parecer teñen relación co castro, xunto con este forman unha área de cautela no planeamento municipal. http://patrimoniogalego.net/index.php/14619/2012/03/castro-de-miras-de-arriba/
Pasa por ser a día de hoxe (novembro de 2017) un dos ríos máis contaminados de Galicia pola defectuosa depuración das augas do concello de Santiago
O leito do río Roxos ao seu paso polos límites do concello de Santiago e Ames, ao oeste da parroquia de Villestro, cae en pendente acusada cara a súa desembocadura no río Sar formando unhas impresionantes fervenzas. O tramo de aproximadamente 600 m. está inzado de rápidos e pozas por entre unhas carballeiras mesturadas con abundante loureiro e outras especies de árbores de ribeira coma freixos, salguieros e ameneiros. A auga escava nalgúns sitios estreitos sucos que rebaixaron a pedra do seu leito e noutros esbara facendo escuma sobre grandes superficies rochosas. O caudal sofre subidas rápidas cando as chuvias conducen as augas dende a zona de Portela e Quintáns, no concello de Santiago, cara sur. Están visibles dous muíños arruinados, aínda que cubertos de maleza, neste tramo de río, un dos cales amosa un sistema de cubo en moi bo estado e de gran tamaño e profundidade, para o que se acostuma nestas construcións.
Ruínas dunha antiga fábrica de papel na marxe dereita do río Sar e ao lado do seu encontro co río Roxos. Está no concello de Santiago e a carón do límite co concello de Ames. Ficha en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/97423/2017/11/fabrica-do-pego/

1 comentario

  • Mercedespazos 17-dic-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta muy recomendable pero para realizar en tiempo seco.

Si quieres, puedes o esta ruta