• Foto de Ruta pola Serra do Cando-Roteiro de Xirazga 27/09/2015 CDF

Tempo  9 horas 5 minutos

Coordenadas 4422

Fecha de subida 23 de noviembre de 2017

Fecha de realización agosto 2015

-
-
811 m
596 m
0
5,2
10
20,73 km

Vista 52 veces, descargada 2 veces

preto de Xirazga, Galicia (España)

RUTA DE XIRAZGA SERRA DO CANDO­BEARIZ
27 de Setembro de 2015

guías: Matilde / Maví

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15 P.Vigo
Comezo: Xirazga
Remate: Xirazga
Percorrido: 20 km

Iniciamos a marcha a carón da igrexa parroquial de S. Salvador de Xirazga, co seu cemiterio e cruceiro. Despois pasamos pola aldea da Alén, que ten as típicas casas con escaleiras por fóra. Empezamos a subir pouco a pouco por unha ladeira da montaña, dende onde vemos as aldeas que hai no val e detrás delas a Serra do Cando. E así chegamos á CAPELA DE SANTO DOMINGO (así a chaman nesta terra). Está no medio dunha carballeira entre o Coto do Covelo (850m) e O Outeiro Grande (844m). Era un lugar no que se practicaban cultos paganos (nos arredores hai unha mámoa e petroglifos). E a Igrexa cristianizou este lugar facendo unha ermida na honra de San Domingos alá polo S. XVI Pero o edificio que vemos hoxe fixé- rono os canteiros da bisbarra entre os anos 1797 e 1857, sendo unha mostra típica do barroco galego tardío. Avanzamos polo cumio da serra e entrevemos ao lonxe as terras da comarca de Montes e algunhas das súas vilas: Soutelo, Cerdedo e Forcarei. Logo dunha baixada suave, imos vendo o val onde nace o RÍO VERDUGO e detrás as aldeas da serra (que xa son de Forcarei). Mais antes de chegar ao río pasaremos por un bosque de árbores de ribeira, e pola aldea de Regotraveso (cunha eira con moitos hórreos) que deixamos por un camiño que ten uns balos de chantos. E xa nos acercamos ao río Verdugo que levaremos á nosa dereita un bo treito, mentres andamos polo medio dun bosque “encantado” cheo de carballos, fietos, carriza e líques. Antes de deixar o río veremos un MUÍÑO cun tellado a dúas augas todo de lousa, e unha PONTE medieval con anacos dunha antiga calzada. Cerquiña temos a aldea de Ricobanca. Despois pasaremos cerca do AERÓDROMO, que é utilizado polas avionetas de extinción de incendios, e seguimos pola faldra da serra tendo unhas boas panóramicas. Cruzamos un rego para meternos nunha corredoira moi fermosa rodeada de carballeiras e chegamos a Doade. Cruzamos a estrada e só nos queda un tramo pequeno de corredoira e rematamos no inicio.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta