• Foto de Ruta pola Serra do Xistral 12/02/2017 CDF

Tempo  5 horas 8 minutos

Coordenadas 1615

Fecha de subida 28 de noviembre de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
974 m
647 m
0
2,9
5,8
11,52 km

Vista 157 veces, descargada 6 veces

preto de Silán, Galicia (España)

SERRA DO XISTRAL SUBIDA AO CUADRAMON
12 de febreiro do 2017

guía: Pedro C.
Saída 9:00 P.Vigo-9:15 Fontiñas
Comezo: Viveiró
Remate: Viveiró
Percorrido: 17 km

O intenso aproveitamento eólico desta cordilleira entre a costa cantábrica e A Terra Chá delata a presenza constante do vento. Entre eles a Xistra, ese golpe de vento hú- mido e xélido que aquí varre os cumes sen máis amparo que a roca espida dalgúns picos. Os cales atrapan as nubes cargadas que deixan abundantes precipitacións. A auga deposítase nas chairas elevadas enchoupando os pastos naturais e creando extensos depósitos de turba. Os principais ríos que teñen a súa cabeceira nestas montañas son o Eume, na vertente atlántica, e o Landro, Ouro e Masma, na cantábrica. Os cabalos salvaxes en liberdade son unha imaxe frecuente nesta serra. Comezaremos o camiño na aldea de Viveiró, seguindo unha ruta recen marcada, pasaremos polo lugar de Zanfaño, ata chegar ao rego dos Coruxos. Cruzarémolo por unhas poldras e seguiremos o seu curso ata a Ponte dos Coruxos. Abandonaremos o camiño marcado para dirixirnos ao Coto dá Lagoa (1.002m) , bordearémolo pola esquerda para dirixirnos ao Cuadramon, cima mais alta do día (1.056 m) Desde a cima, se o día acompaña, pó- dese ver desde o mar Cantabrico ata os Ancares. Comezaremos o descenso polo mesmo sitio que subimos. Logo dirixirémonos cara a unha braña pola outra ladeira de O Coto dá Lagoa. Finalmente subiremos unha pequena lomba, pasaremos por un curro, para dirixiremos cara ás poldras do comezo, as que volveremos cruzar para regresar a Viveiró.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta