-
-
868 m
531 m
0
3,6
7,2
14,38 km

Vista 1723 veces, descargada 15 veces

preto de Forcas, Galicia (España)

Nesta ocasión faremos un percorrido polo cauce alto do río Mao. Comezamos a ruta na aldea de Forcas, na parte alta do concello, aproveitando fermosos camiños, en dirección N e en descenso chegamos a San Lourenzo de Barxacova, onde ao parecer, antigamente, houbo un mosteiro. Dende aquí pronto chegamos a un dos puntos máis interesantes do día: a necrópole de San Vitor, situada nun risco sobre o canón do Mao. Ademais da importancia propia do lugar son salientables tamén as vistas dende o mesmo.

Logo, pouco a pouco ímos entrando no canón do Mao, a media altura. O camiño transcorre agora por unha vella canle de auga (actualmente en desuso). Este treito, de pouco máis de 2 quilómetros é impresionante no senso máis amplo da palabra. Case na parte máis alta do canón atopamos a ponte medieval de Canceliños. Dende aquí só nos queda retomar o camiño a Forcas, onde rematamos a ruta. Esta ruta ten un alto interese paisaxístico, natural e cultural.

* No treito do canón pode haber puntos concretos que sin ser perigosos si que poden ser vertixinosos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta