• Foto de Ruta polo Caurel - Mina de ferro 21/05/2017 CDF

Tempo  6 horas 49 minutos

Coordenadas 1509

Fecha de subida 7 de diciembre de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
705 m
492 m
0
2,4
4,7
9,41 km

Vista 56 veces, descargada 6 veces

preto de Sobredo, Galicia (España)

RUTA POLO CAUREL MINA DE FERRO
21 de maio de 2017

guía: Neves/ Orlando
Circular: Parada
Percorrido: 12 Km

Despois de mirar a Casa de Novoneyra e a casa escola que habitou María Mariño, sairemos de Parada en dirección ao teso da Lomba, polo antigo camiño de Ferreirós de Arriba. No inicio, da ruta hai castiñeiros centenarios de grandioso porte, ao saír do souto pasaremos a beira do derruído Castro de Parada, logo miraremos a boca da Cova do Castro. Despois dunha forte subida,, chegaremos ao mirador da Lomba sobre Parada, Moreda , Rogueira, Canón do Lor, Val do Río Pequeno. Pasamos ao Val do Río Ferreiros e avanzamos cara o Pico de Pinza ou Pinzara, desde onde se pode ollar todo o Courel occidental. Baixaremos por un sendeiro moi técnico ata atopar o Camiño de Roxedaiga, vieiro cómodo que nos acercará ata a mina Medieval de Paradela, onde faremos unha travesia subterránea e logo un sendeiro para tomar o Camiño Real polo mirador da Pena do Escribano (nomeado así en honor ao escribano corrupto que a veciñanza derrubou desde este penedo). Polo Camiño Real chegaremos ata A Ferrería de Seoane ou Ferrería Nova, a máis moderna de todas as do Courel, e a única que se conserva en pé, construida en 1810. Despois de visitar a Ferrería iniciaremos a subida a Parada polo Camiño dos Carbueiros, que segue o cerengo (cresta) de Vales.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta