• Foto de Ruta polo Grove 14/05/2017 CDF

Coordenadas 2379

Fecha de subida 5 de diciembre de 2017

Fecha de realización enero 2017

-
-
153 m
-1 m
0
6,4
13
25,69 km

Vista 76 veces, descargada 3 veces

preto de A Lanzada, Galicia (España)

RUTA POLO GROVE
14 de maio de 2017

guía: Sol G./Javier S.

Saída 9:00 Fontiñas ‐ 9:15 P.Vigo
Comezo: A Lanzada
Remate: Porto Meloxo
Percorrido: 22 km


Partimos da Ermida Nosa Señora da Lanzada, construída no século XII en estilo románico tardío, baixaremos a ver o mar por un pasadizo de nova construcción, que recorda o que José Luis Sampedro describe na súa novela, La vieja sirena. Esta Capela aséntase sobre o extremo máis occidental dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada e á beira do Castro da Lanzada. Botaremos unha miradiña de pasada ás excavacións do castro e empezamos o percorrido, que vai ser case todo á beira do mar: dende a praia de A Lanzada que está limpiña e con pouco vento que faga, con forte oleaxe ; subiremos ao cumio do Siradella, o punto máis alto da península de O Grove, un extraordinario mirador á ría de Arousa e ó Océano Atlántico. Desde alí veremos as Illas Atlánticas, e o istmo, unha lingua de area que une a antigua illa de O Grove co municipio de Sanxenxo, á esquerda a ensenada de O Vao e á dereita a praia da Lanzada, que vimos de percorrer. Ó baixar ata o mesmo lugar da subida, continuamos pola costa, ata San Vicente do mar, seguiremos por unha pasarela de madeira que nos permite a mirada ó mar case todo o tempo, pasaremos por unha antiga zona militar e chegaremos ata Pedras Negras, protexidas de ventos e miradas, é a zona nudista da península, continuamos por caliñas fermosísimas: O Carreiro, Mexilloeira, As pipas… e máis… Ascendemos por zona de monte e chegamos a Meloxo, un barrio mariñeiro un pouco afastado das rutas turísticas típicas, para perderse na beleza das súas augas, os barcos, sons, olores… un tesouro!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta