Sé el primero en aplaudir
Vista 198 veces, descargada 4 veces
preto de Entrambosríos, Galicia (España)
Data: 1-04-2018
Ruta grabada con dispositivo móvil.
Inicio / fin: Capela do Carme, no pobo de Entrambosrios
Dificultade: fácil, aunque ten moitos cambios de nivel, é levadeira
PERCORRIDO:
Ruta circular non sinalizada, ainda que en algún tramo hai indicadores que poden ser de andainas populares.
Partimos da Igrexa do Carme en dirección o pobo de Lameiro Quente, logo pasamos polo pobo de Casal. Despois, atravesamos o pobo de Zarracós para continuar un sendeiro entre carballeiras e algúns soutos que nos leva o pobo de Fontao. Seguimos o sendeiro entre máis Soutos e algúns castiñeiros centenarios, ata descender cara o río Arnoia, e logo seguir subindo ata chegar o acceso o fermoso pobo abandoado de A Ermida, o cal paramos a visitar.
Retomamos o noso camiño en dirección o inicio de ruta, pasando por outro pobo máis, Covas do Río (tamén afectado polo despoboamento). De volta o punto de partida, ainda podemos disfrutar das vistas no Coto das Moás.
En resumen, é unha ruta fermosa e moi recomendable en cualquer estación, pero me quedan ganas de voltar en outono. Seguro que estará espectacular a follaxe dos soutos.
Boas rutas!😉
Foto
Pobo de Covas do Río
Comentarios