-
-
558 m
8 m
0
4,4
8,8
17,6 km

Vista 41 veces, descargada 1 veces

preto de Ábalo, Galicia (España)

POLOS MUIÑOS E TORRES DE CATOIRA
2 de abril del 2017

guías: Kiko C

Saída 9:00 Fontiñas ‐ 9:15P.Vigo
Comezo: Ermida San Cibrán
Remate: Catoira
Percorrido: 18 km
A ruta comeza xunto á ermida de San Cibrán no cara norte do monte Xiabre, unha contorna chea de maxia e rodeado de carballos centenarios. É difícil determinar a data de construción da ermida aínda que polo seu estado actual poderíase considerar de arte barroca. A uns metros dela podemos ver un cruceiro do século XVIII. Nesta carballeira celébrase unha romaría 7 domingos despois de Semana Santa de gran tradición entre os veciños das comarcas de Caldas e O Salnés. Por camiños en bo estado subiremos cara ao Xiabre uns 350 mts de desnivel que supoñen un esforzo pero compénsase coas vistas panorámicas nas que poderemos contemplar a cidade de Vilagarcia, a vila de Carril, a ría de Arousa e se o tempo permí- teo pódense ver as illas de Ons e un pouco as Cies. Baixaremos cara ao obxectivo principal da andaina que son os muíños de vento de Abalo por camiños e sendas, algunhas en non moi bo estado e con moitos cruces, polo que será recomendable non separarnos moito e facer paradas frecuentes. Veremos dous grupos de muíños de vento de construción circular e tellado a dúas augas. Din que o sistema de dobre aspa é único en Europa e podían recoller ventos nas dúas direccións máis habituais. Tiveron gran actividade nos séculos XIX e principios do XX moendo millo e outros cereais. Non é difícil imaxinar o sufrimento de cargar con moitos quilos de millo encima dun carro e como de longas e frías habían de ser aquelas noites no muíño. Quizais tanto, que pola capacidade de adaptación e supervivencia do ser humano, foron capaces de inspirar esas cantigas que todos conecemos, e que son capaces de ruborizarnos só con escoitalas. Seguiremos a baixada cara á vila de Catoira por unha pronunciada pendente e veremos os restos doutro tipo de muíño. O chamado muíño do cura ou de Machón foi un muíño de mareas construído na desembocadura do rio Catoira en 1873. A través da ruta fluvial xunto ao rio Ulla chegaremos ao final da andaina xunto ás torres de Oeste onde poderemos contemplar os restos das antigas fortificaciones que protexían a arquidiocese de Santiago de Compostela desde o século XI das invasións normadas. Tamén hai entre as torres unha ermida dedicada ao apostol Santiago e que ordenou levantar Diego Xelmirez, un dos personaxes mais importantes da historia de Galicia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta