• Foto de Ruta por Torrentes de Mácara y castillo de Pambre 15/01/2017 CDF

Tempo  6 horas 27 minutos

Coordenadas 1772

Fecha de subida 28 de noviembre de 2017

Fecha de realización enero 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
519 m
355 m
0
3,8
7,7
15,38 km

Vista 240 veces, descargada 11 veces

preto de Remonde, Galicia (España)

POLO CASTELO DE PAMBRE E TORRENTES DE MACARA
15 de Xaneiro de 2017


guía Rafa F/Macamen
Saída 9:00 P.Vigo 9:15 Fontiñas
Comezo: Pambre
Remate: Pambre
Percorrido: 16 km

Esta ruta desenrólase pola comarca da Ulloa, por terras do concello de Palas de Rei. Visitaremos o Castelo de Pambre, situado no curuto dun pequeno montículo, á beira do río Pambre, que lle fai de defensa natural. Esta edificación foi erguida por Don Gonzalo Ozores de Ulloa no ano 1375, sendo o único que quedou en pé das revoltas Irmandiñas, en 1431 e 1467, aínda que foi asediado sen conseguir rendelo, e así chega aos nosos días como a mellor mostra da arquitectura medieval militar en Galicia. Tras a visita, baixamos ata o río, que salvamos por unha pontella de pedra. Subimos cara un outeiro desde o cal contemplamos ó castelo. Seguimos ata alcanzar o río Ulla, cada vez mais preto. Este tramo do río divide os concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada, e convértese no torrente de Mácara, o tránsito fluvial máis espectacular, un sistema de cascadas e pozas ideais para a práctica dos deportes de risco na auga como o raffting, canoaxe, barranquismo ou rapel, destacando a beleza e calidade dos seus rápidos. Dicir que o sendeiro non é chan nin recto, tendo que subir por rochas e esquivando árbores, pero non é perigoso Ao chegar ao antigo balneario de Frádegas, veremos súas fontes de augas medicinais, e o muiño de tres moas. Soamente quédanos volver a Pambre a través de varias pistas e corredoiras, tendo aos nosos pés a vista do terrreno xa percorrido.

1 comentario

  • Foto de Óscar Carreira

    Óscar Carreira 29-abr-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    A primeira parte da baixada pola corredoira e logo seguir por unha zona na que había bastante monte autóctona era bonita. Logo o tramo por unha pista forestal paralela ao Pambre non me gustou pois apenas se vía o río, lástima non ser máis pola ribeira. O tramo das Torrentes do Mácara é unha pasada, espectacular. Xa a parte final dende o antigo balneario até o castelo é por pistas forestais, con monte baixo e de pinos e eucaliptos, aínda si que ten nalgunha zona boas vistas.

Si quieres, puedes o esta ruta