-
-
634 m
331 m
0
2,9
5,9
11,77 km

Vista 3623 veces, descargada 87 veces

preto de Arrojiña, Galicia (España)

-NON.....Senda Sinalizada (em proceso)
-SI......Fontes
-NON.....Accesible Minusvalidos.
-SI......Apta Nenos/Anciáns
-SI......Ruta Circular;
-NON.....Aparcadoiro
-Cando Vir; Verán/Outono
-Perigo; Nula

Inicio; A ruta comeza na unión do río Ser e o Navia, na estrada Becerreá-Navia de Suarna LU-722, pasado o vilarín (aldea) de Cabana, no ponte que separa os concellos de Navia de Suarna e Cervantes

Deixamos o coche no ponte, hai espazo pra 3 o 4 coches. En xunho de 2010 a estrada LU-722 era en obras de ampliazon e non sei si recortaron a curva, nese caso posibelmente haxa espazo pra mais coches.

A ruta comeza con una subidinha de unos 100 metros, polo camín que leva as aldeas de Souto e Drada. Despois de uns 200 metros atopamos o primeiro cruzamento de roteiros. Collemos o sendeiro da esquerda, o da dreita levanos directamente ata Souto, e nome non e por casualidad, si decidimos internarnos algunos metros no bosque da aldea, atoparemos castinheiros de uns 500 anos e mais, de grosores de 5 ou 6 metros. Vai a pena achegarse.

Seguimos enton o roteiro da esquerda, xa podemos intuir o Río Ser abaixo, e un pinheiros de repoboación na outra ladeira. Noutro lado vemos o vilarín de Robledo de Son, que ao final da ruta visitaremos.

Percorridos uns 700 metros da ruta, chegaremos a outro cruceiro de sendeiros, como a outra vez collemos a esquerda. Si paremonos e miramos abaixo, atoparemos unas colmeas.

Si ata agora o que mais vemos no camín era urces e xestas, agora xa comenzamos a atopar mais arbores. Xa temos percorrido o primer kilometro e vemos cada vez mais o rio avaixo noso. No kilometro 2, entraremos no bosque que xa non deixaremos ata Casas do Rio. Si fixamonos a outra ladeira atoparemos o Castro do Inferno, o primeiro dos dous que hai na ruta. O bopsque vai facendose cada vez mais pechado e mais fermoso.

É momento de ir subindo, ata 200 metros de desnivel ata a Fraga de Drada, nome do vilarin que hai mas riba da fraga. Aqui atoparemos carballos, freixos, castinheiros, pradairos, etc. A subida é lenta e tedes que vir ben preparados. É moi facil atoparse con corzos, xabarins, e tamén lobos, xa que a zona é moi agreste e non moi transitada polos aldeans. Si baixamos a mirada atoparemos o Val Escuro, nome que ven dado pola frondosidá do bosque.

Xa no kilometro 4, no eido chamado "Chan da Pena", no que colleremos o primer sendeiro a esquerda que baixa, comezamos a baixada que agradeceremos ata o ponte do río Ser, cruzando a Fraga das Casas, foi fermosa por certo. Xá abaixo no rio, veremos o típico bosque de ribeira, con freixos, pradairos, amieiros, etc. e disfrutaremos do río e podemos recoller auga xa que totalmente boa

Temos que superar agora a subida ata Casas do Río, de 400 metros de altitude ata os 550. Xa levamos 6 kilometros, e si ata agora ibamos pola ladeira sombria, xa que mira cara o norte, na outra ladeira mira o sur, polo tanto en tempo de frio agradecermoslo, non tanto si é verán.

Casas paga a penha verla polo seu horreo de lousa, típico dos Ancares. A partir de agora e ata Robledo iremos pola estrada, pero non temos a impresión de vir por unha, xa que nesta estrada pasan 3 coches ao dia, xa que morre na aldea e é moi pequena. A mitade de camín atopamos o Rego de Arcón onde si hai, podemos reponer auga (acostuma a ter todo o ano). Tamén en este caminho veremos os restos dos dous castro o de Casas e do Inferno.

Despois de 2 kilometros pola estrada chegaremos ata Robledo de Son, pobo gandeiro e tamén gusta de ver. Non podese perder a visita a unha pequenha capela nas Casas de Riba (o vilarín dividese entre as casas de abaixo e de riba) moi pequeninha e feita en pedra e lousa (http://www.panoramio.com/photo/18123637)

Xa quedanos pouco pra o fin da ruta e dende Robledo podese ver o noso coche, e ademais e toudo baixada. Colleremos un camín que baixa en zig zag ata o río Ser, e disfrutaremos das vista da auga e podese que de algum pescador da zona collendo as mellores troitas de Galicia.

Vemonos no Val Escuro!!
Creado por Manuel Rodriguez
http://ancares-terracelta.blogspot.com/
parquing

Ponte na Estrada. Inicio e final

foto

Colmeas. Coller a esquerda

panoramica

Seara do Muín

Sitio arqueolóxico

O Castro do Inferno

árbol

A Fraga de Drada

Sitio arqueolóxico

Val Escuro

árbol

Fraga das Casas

sendeirismo

Ponte no Río Ser

refugio

Casas do Río

fuente

Rego de Arcón

refugio

Robledo de Són

panoramica

Pena Picón

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta