-
-
641 m
14 m
0
2,6
5,2
10,41 km

Vista 87 veces, descargada 1 veces

preto de O Ézaro, Galicia (España)

SUBIDA AO PINDO PONTE EZARO ­ O FIEIRO
18 de Outubro de 2015

guías: Sonia B. / Rafa F.

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15 P.Vigo
Comezo: Ponte Ezaro
Remate: O Fieiro
Percorrido: 12 km

O Monte Pindo é un macizo granítico de 627 m de altura no concello de Carnota. Está incluido na Rede Natura formando parte do espazo natural Carnota-Monte Pindo cunha superficie de 4629 m2 entre as rías de Corcubión, Muros e Noia. O termo Pindo ten a súa orixe máis probable na lingua céltica: binn dubh (pindub) (monte/cumio escuro). A súa particular xeomorfoloxía, inzada de relevos en bolos de granito, inspirou historias e lendas incluídas algunhas do rio Xallas, debida á fervenza do Ézaro por caer directamente sobre o mar. Atopáronse nel numerosos restos arqueolóxicos como petroglífos, útiles de broce e restos dunha suposta antiga ermida. Malia o alto valor ecolóxico, o espazo carece de protección oficial algunha. O seu conxunto natural inclúe ao carballo anano (Quercus lusitanica), Quercus Robur e Quercus Pyrenaica, piñeiros coma o Pinus Pinaster, Pinus radiata e Pinus Sylvestris, Loureiros (Laurus nobilis), lirio de monte (Iris boisseri Henriq) e acivros (llex aquifolium). O roteiro iníciase na ponte do Ézaro subindo polo "Roteiro das Peixeiras", polo que hai anos ás mulleres do Pindo transportaban peixe a parroquias de Mazaricos. Accedemos ao camiño que nos leva ao Monte peñafiel ou Castelo onde hai constancia da existencia dunha fortificación ata o século XV destruida durante as Revoltas Irmandiñas. Logo iremos hacia a “Casa da Xoana” ou “Reverte Demos”. Lugar onde naceron lendas de meigas e demos e onde se facían ritos de sanación e curación para quitar o mal de ollo ou o aire dos mortos. Dende aquí subiremos hacia o cumio de O Monte Pindo, A Moa, con centos de "pías" onde se facían rituais Celtas. Finalizaremos cun suave descenso hacia a aldea do Fiero

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta