-
-
526 m
244 m
0
1,7
3,4
6,74 km

Vista 244 veces, descargada 4 veces

preto de Aranga, Galicia (España)

Tén unha duración de 2 horas aproximadamente.

O sendeiro segue no seu primeiro tramo o curso do río Mandeo
Ao chegar ao río Cambás, a ruta desvíase á esquerda. A riqueza natural e paisaxística da fraga das Barbudas constitúe un dos atractivos do camiño.

Algúns puntos presentan certa dificultade polo angosto do camiño e o encaixado do terreo e tamén pola antigüidade dalgunhas pontes, circunstancia que obriga a extremar as precaucións.

A ruta abandona o río Cambás, para seguir por outra das correntes que conforman a cabeceira do Mandeo: o rego da Palanca. Neste tramo a auga salva importantes desniveis formando fervenzas.
En Ponte Aranga sitúase a famosa ponte sobre o Río Mandeo que lle dá nome ao lugar. A data de construcción da ponte data do século XVII, aínda que habia unha ponte anterior a esta, probablemente de madeira. Ademais próxima á ponte localízanse dous dos referentes relixiosos e culturais máis importantes do concello de Aranga: a igrexa de San Paio de Aranga e a coñecida como A Fonte da Santa Cruz.
O río Cambás precipíta desde unha altura de 15 metros formando un profundo pozo. A lenda conta que uns mouros agocharon un tesouro de ouro no seu fondo. Para chegar a el é necesario desviarse do trazado da ruta.
Igrexa barroca do século XVII de grandes dimensions onde se garda a Santa Cruz de Aranga.
Ponte sobre o río Mandeo. Atópase próxima a ela unha área recreativa.
Área recreativa no núcleo de Ponte Aranga

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta