• Foto de Ruta Valverde (Allariz) - Xunqueira de Ambia, entre pobos, touzas e penedos.

Tempo  3 horas 52 minutos

Coordenadas 1346

Fecha de subida 7 de mayo de 2016

Fecha de realización mayo 2016

-
-
646 m
480 m
0
3,9
7,7
15,46 km

Vista 1010 veces, descargada 1 veces

preto de Requejo de Valverde, Galicia (España)

Data: 07-05-2016
Inicio/fin: Valverde (Allariz)

PERCORRIDO:
Comenzamos no aldea alaricana de Valverde, pobo con grandes e fermosas casas, case todas restauradas. Seguimos por Desder e a súa Capela de San Ramón, logo por Paciños, cruzamos a carretera e seguimos por un sendeiro señalizado.
Neste punto cambiamos de concello, e adentrámonos en pleno núcleo de Xunqueira de Ambía (punto de paso da ruta Xacobea da Prata) e paramos a ver o exterior da Colexiata de Santa María a Real, que é Monumento Nacional.

Descendemos xunto o centro médico da localidade, ata atoparnos de novo co río Arnoia. Facemos unha paradiña para facer unhas fotos xunto a praia fluvial, e de novo atravesamos o otro lado do Arnoia para ascender entre fermosas touzas de castaños e grandes penedos ata San Xillao, aldea, tamén rodeada de penedos.
Continuamos o roteiro por outras aldeas de Xunqueira, pasando por Outorelo, Vilanova e Vilariño do Río, todas elas unidas por sendeiros entre touzas, que fan moi fermosa esta ruta (a pesares de ter que tomar camiños alternativos a ruta, debido o encharcamento nos sendeiros ,causado polas últimas semanas de choiva).

E de novo chegamos a terras Alaricanas, pasando polo Ecoespaxo O Rexo, na aldea Requeixo de Valverde, onde se atopa a obra do autor "Agustín Ibarrrola":
tratase dunhas pinturas nas pedras e cepas de algunhas árbores, nas dúas márxenes do río, situadas en lugares estratéxicos moi concretos. O autor Ibarrola, enriquece e multiplica a cor e as xeometrías das pinturas según o ángulo dende o que se mire, xogando coa perspectiva.

Nestes últimos 2 km chovía e xa non poidemos pararnos a facer fotos e apreciar a obra, que é por certo, moi recomendable.
E atravesando unha corredoira (moi anegada polas choivas dos últimos días) voltamos o punto de partida, Valverde.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta