Tempo  3 horas 36 minutos

Coordenadas 5130

Fecha de subida 19 de junio de 2013

Fecha de realización junio 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
134 m
0 m
0
4,0
7,9
15,81 km

Vista 5919 veces, descargada 136 veces

preto de Sada d'Arriba, Galicia (España)

Galego - Castellano


Galego

Esta ruta, circular, comeza no paseo marítimo de Sada, a 200 m da Casa Consistorial. Camiñamos cara á rotonda situada ao lado do Concello; á esquerda deixamos o edificio de "A Terraza", un café - restaurante de estilo modernista que chegou a Sada nos anos vinte do pasado século trasladado da Coruña onde tivo a súa situación inicial nos Xardíns de Méndez Núñez. Proseguimos polo Pedregal (Avda. Barrié de la Maza), Chaburra, Serra e A Granxa (Casa Barrié, tamén de estilo modernista) chegando ao lugar de Quintán, na parroquia de Mondego, desviándonos á dereita, xusto no colexio público. Continuamos ata chegar á estrada CP-7509 (podemos cruzar entre dous muros uns 20 m antes da intersección) collendo, a continuación unha pista un pouco á esquerda que nos levará, sempre de fronte, ao lugar de Taibó. Seguimos pola CP-7504, uns 100 m., ata a AC-163; cruzamos e continuamos por unha pista onde hai un repetidor de telefonía á dereita. A pouco máis de 500 m. desviámonos á esquerda e logo á dereita ata chegar onde se ve a costa (hai unha urbanización nunha rúa en pendente). Xiramos á dereita e chegaremos á pista que abandonamos cando xiramos á esquerda.
Tomamos de novo a esquerda e fronte a un peche de travesas de ferrocarril collemos outra vez á esquerda.
Chegados ao lugar de Campo da Cruz desviámonos polo primeiro camiño á esquerda que indica a baixada a San Mamede e percorrendo aproximadamente 1 Km. chegaremos ao castro prerromano de San Mamede dende onde podemos observar unhas fermosas vistas da ría, coa costa de Ares en fronte e Lorbé (Oleiros) ao Oeste (é posible que o último tramo antes de chegar ao mar se faga un pouco difícil o paso debido aos fentos e algunha silveira que se meten no camiño, por se acaso é boa idea levar un bastón ou un pau por se é necesario abrirse camiño).
Regresamos polo mesmo sendeiro a Campo da Cruz e, unha vez máis, xiramos á esquerda en dirección á praia de Lourido. Ata unha vivenda situada máis abaixo non teremos problema coa vexetación pero despois de pasala e desviándonos á dereita, si é posible que, como en San Mamede, teñamos algo difícil o paso, depende do tempo que transcorrese dende a roza. Oiremos o son do mar e empezaremos xa a velo cando cheguemos ao camiño de baixada ás escaleiras da praia. Pode ser un bo momento para darse un baño nas augas azuis da cala de Lourido.
Ascendemos polo mesmo sendeiro seguindo, arriba, á esquerda e pasaremos entre unhas casas. Descendemos, á esquerda, cara á igrexa de Santo André de Carnoedo que foi construída no século XIX. Pasada a igrexa debemos xirar á dereita, subiremos unha empinada costa e a uns 100 m. desviarémonos á esquerda. Xa dende un pouco antes nos será facil seguir as indicacións do PRG-96 que nos levarán, pasando polas pequenas praias dos Lobos, Arnela e Morazón, ata o castelo e barrio mariñeiro de Fontán. Dende alí soamente nos queda percorrer o Paseo Marítimo para regresar ao lugar de partida.

Coordenadas Inicio/Final P. Marítimo Sada: 43º 21' 9,55'' N / 8º 15' 12,90'' W

Como variante desta ruta, e con percorrido máis próximo ao mar na costa norte de Sada, propoñemos a seguinte: Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10722383

Planos: Mapa Topográfico MTN25: 21-IV.



Castellano


Esta ruta, circular, comienza en el paseo marítimo de Sada, a 200 m de la Casa Consistorial. Caminamos hacia la rotonda situada al lado del Ayuntamiento; a la izquierda dejamos el edificio de “A Terraza”, un café – restaurante de estilo modernista que llegó a Sada en los años veinte del pasado siglo trasladado de A Coruña donde tuvo su ubicación inicial en los Jardines de Méndez Núñez. Proseguimos por O Pedregal (Avda. Barrié de la Maza), Chaburra, Serra y A Granxa (Casa Barrié, también de estilo modernista) llegando al lugar de Quintán, en la parroquia de Mondego, desviándonos a la derecha, justo en el colegio público. Continuamos hasta llegar a la carretera CP-7509 (podemos cruzar entre dos muros unos 20 m antes de la intersección) cogiendo, a continuación una pista un poco a la izquierda que nos llevará, siempre de frente, al lugar de Taibó. Seguimos por la CP-7504, unos 100 m., hasta la AC-163; cruzamos y continuamos por una pista donde hay un repetidor de telefonía a la derecha. A poco más de 500 m. nos desviamos a la izquierda y luego a la derecha hasta llegar a donde se ve la costa (hay una urbanización en una calle en pendiente). Giramos a la derecha y llegaremos a la pista que abandonamos cuando giramos a la izquierda.
Tomamos de nuevo a la izquierda y frente a un cierre de traviesas de ferrocarril cogemos otra vez a la izquierda.
Llegados al lugar de Campo da Cruz nos desviamos por el primer camino a la izquierda que indica la bajada a San Mamede y recorriendo aproximadamente 1 Km. llegaremos al castro prerromano de San Mamede desde donde podemos contemplar unas hermosas vistas de la ría, con la costa de Ares en frente y Lorbé (Oleiros) al Oeste (es posible que el último tramo antes de llegar al mar se haga un poco difícil el paso debido a los helechos y alguna zarza que se meten en el camino, por si acaso es buena idea llevar un bastón o un palo por si es necesario abrirse camino).
Regresamos por el mismo sendero a Campo da Cruz y, una vez más, giramos a la izquierda en dirección a la playa de Lourido. Hasta una vivienda situada más abajo no tendremos problema con la vegetación pero después de pasarla y desviándonos a la derecha, sí es posible que, como en San Mamede, tengamos algo difícil el paso, depende del tiempo que haya transcurrido desde el desbroce. Oiremos el sonido del mar y empezaremos ya a verlo cuando lleguemos al camino de bajada a las escaleras de la playa. Puede ser un buen momento para darse un baño en las aguas azules de la cala de Lourido.
Ascendemos por el mismo sendero siguiendo, arriba, a la izquierda y pasaremos entre unas casas. Descendemos, a la izquierda, hacia la iglesia de Santo André de Carnoedo que fue construida en el siglo XIX. Pasada la iglesia debemos girar a la derecha, subiremos una empinada cuesta y a unos 100 m. nos desviaremos a la izquierda. Ya desde un poco antes nos será facil seguir las indicaciones del PRG-96 que nos llevarán, pasando por las pequeñas playas de Os Lobos, Arnela y Morazón, hasta el castillo y barrio marinero de Fontán. Desde allí solamente nos queda recorrer el Paseo Marítimo para regresar al lugar de partida.

Coordenadas Inicio/Final P. Marítimo Sada: 43º 21' 9,55'' N / 8º 15' 12,90'' W

Como variante de esta ruta, y con recorrido más próximo al mar en la costa norte de Sada, proponemos la siguiente: Riovao - Castro dos Cotos - Taibó - Veigue - Castro San Mamede - Carnoedo - Fontán - Pazos - Riovao http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10722383

Planos: Mapa Topográfico MTN25: 21-IV.

Ver más external

Edificio Modernista de primeiros do século XX. Estaba inicialmente nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña; trasladouse a Sada no ano 1920 http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Terraza http://www.la-terraza.com/
É unha antiga batería que, xunto coa de Corbeiroa ao outro lado da baía, defendían a poboación dunha posible incursión hostil. http://patrimoniogalego.net/index.php/24105/2012/08/castelo-de-fontan/
Edificación pertencente á Fundación Barrié, que foi residencia da familia do banqueiro Barrié. Construíuse a finais do seculo XIX sendo exemplo da arquitectura modernista. No terreo que rodea a casa hai variedade de plantas e árbores; houbo eucaliptos, quizais dos primeiros plantados en Galicia, que se tallaron hai cincoenta anos, que hoxe serían semellantes aos de Chavín en Viveiro. No enlace ao video de RTVE pódese ver unha mostra da arquitectura modernista en Galicia. http://www.rtve.es/alacarta/videos/espacios-arquitectonicos/espacios-arquitectonicos-arquitectura-modernista-galicia/868750/

7 comentarios

  • Foto de roberto55

    roberto55 22-jun-2013

    Es una ruta muy bonita, cómoda y se puede hacer con niños.

  • Foto de gandaia

    gandaia 24-jun-2013

    E tamén para os que andan dos cincoenta/sesenta para adiante.

  • Foto de roberto55

    roberto55 24-jun-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Es una ruta muy bonita, cómoda y se puede hacer con niños.

  • Foto de alsago

    alsago 05-ago-2013

    Buena ruta. Combina un poco de todo. La Sada de Campo y la Sada de mar .Excelente descripción, no hace falta ni el GPS.
    Gracias por colgarla.

  • Foto de gandaia

    gandaia 06-ago-2013

    Gracias, Alsago, alégrome de que che guste a ruta. É certo o que dis na que ti colgaches de que hai sendeiros ocultos nos que a maleza case non deixa pasar. De vez en cando o Concello desbroza algúns pero, por exemplo, a baixada a Lourido está mal xa vai para dous anos.

  • moio99 31-oct-2013

    A parte que vai pola costa é moi bonita, logo a volta polo asfalto já é outra cousa, mas tamem se podem achar fragas interessantes se te desvias um pouco.

    Obrigado pola rota.

  • Foto de gandaia

    gandaia 03-nov-2013

    Pois si, Moio99; é certo que os camiños sempre gostan máis que o asfalto, máis ainda se, como neste caso, van á carón do mar. Aínda así, paréceme que o paseo marítimo, A Terraza e a Casa Barrié (unha magoa que non se poida visitar) teñen tamén a súa parte de interés.
    Moitas grazas polo teu comentario.

Si quieres, puedes o esta ruta