Tiempo en movimiento  2 horas 6 minutos

Tempo  4 horas 46 minutos

Coordenadas 1848

Fecha de subida 13 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

-
-
581 m
310 m
0
2,8
5,6
11,11 km

Vista 68 veces, descargada 3 veces

preto de Atán, Galicia (España)

Ruta co aliciente principal, que non único min moito menos, de ver a fervenza con bastante auga. Comeza preto da igrexa de San Estevo de Atán para facer o remate baixando.
Ten unha certa dificultade polas subidas e baixadas, pero nada que non se poida levar cunha mínima preparación física.
As paisaxes, xa é proverbial, son espectaculares, malia que neste día o tempo estivo grisallo e finalmente choveu. Outros elementos de interese vanse atopando polo recorrido, en especial nas aldeas (tristísimamente abandoadas).
O trazado descorre por camiños bastante despexados en xeral, aínda que algúns treitos teñen herba crecida, que afecta moito ao chover. Ten un anaco por estrada.
Non segue ningunha das rutas trazadas e sinalizadas polo que será bo levar GPS e a ruta descargada para seguila.
Ten bastante sombra polo que se podería facer en día de sol. Se o que se quere é gozar da fervenza, é de razón tratar de ir cando haxa moitas augas.
Igrexa dun mosteiro medieval de monxas bieitas. Ten sido reconstruída e algúns elementos estaban en casas da veciñanza.
Hai que facer unha baixada e subida notables dende o sendeiro, que xa el é de por si empinado...
Aínda que sexa difícil identificar restos dun castro, en todo caso, as vistas son espectaculares.
De beleza discutible ;-)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta