Tiempo en movimiento  unha hora 40 minutos

Tempo  2 horas 27 minutos

Coordenadas 1404

Fecha de subida 21 de julio de 2019

Fecha de realización julio 2019

-
-
914 m
760 m
0
2,0
4,1
8,12 km

Vista 4 veces, descargada 0 veces

preto de San Lorenzo, Galicia (España)

Pequena ruta dende San Lourenzo cara o monte da Centinela, pasando polo Veado. O máis destacable son as paisaxes e ampras panorámicas. Pódese albiscar dende os altos das Picas de Camba (Parque do Invernadoiro), a Serra da Urdiñeira, Monteveloso-Piornedo (no concello de Castrelo do Val), parte do concello do Riós, Berrande (Vilardevós), A Cisterna (Portugal) O Tameirón (A Gudiña) e os altos da Canda e Padornelo, na provincia de Zamora... No punto de retorno temos unha fermosa vista case en vertical sobre Barxa. Tamén se pode ver a cheminea de equilibrio da presa do Cenza, en Castiñeira, no concello de Vilariño de Conso
Case todo o percorrido é por pistas aínda que a subida dende O Veado faise por unha debasa que non está limpa. Seguindo un pouco pola pista cara o Seixo, hai outra que si o está. En calquera caso é unha subida dura...
Na zona alta os desniveis son máis levadeiros. Por aquí sei que hai cazoletas nalgunha rocha. Usábanas os cabreiros para botarlles leite aos cans do rabaño, non creo que sexan prehistórica, aínda que quen sabe...
Marxe entre os termos de Barxa-O Seixo e San Lourenzo.
Marco (recente) entre os montes de San Lourenzo e Barxa.
Abandoada. Aquí tamén houbo un emisor para dar teléfono a Barxa (con pobres resultados...)
Na liña do horizonte albíscase este "monumento ao carallo".
Auga para a extinción de lumes (ou como gastar cartos, quedando algo polos cantos)
Faceira devida toda souto de castiñeiros (pedindo poda e coidados)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta