Tiempo en movimiento  2 horas 50 minutos

Tempo  4 horas 9 minutos

Coordenadas 2345

Fecha de subida 28 de julio de 2019

Fecha de realización julio 2019

-
-
942 m
710 m
0
3,4
6,9
13,75 km

Vista 4 veces, descargada 0 veces

preto de San Lorenzo, Galicia (España)

Ruta polo termo de San Lourenzo. En querendo facela, será polas paisaxes; non tén moitos punto de interese destacados. Se acaso, a revolta de España (do Enxeñeiro) que lembra un feito comentado localmente.
Obviamente, non é unha ruta marcada pero non é difícil de seguir coñecendo o track. descorre por pistas e devasas contra o lume (descoidadas) ou a devasa perimetral do monte común dos veciños das aldeas lindantes.
Non ten unhas pendentes excesivas (quitando un cachiño nas Lobagueiras) pero non é tampouco un percorrido acaído para calquera que non teña unha mínimas condicións físicas.
Seguir a primitiva Nacional 525. Está descoidada pero vese ben.
Restos dun mesón das vellas vereas.
Coller un desvío da antiga N525, feito por causa dos Accesos que a modificaron polo ano 75
En 1927 morría nun accidente acaecido nesta curva un enxeñeiro que traballaba nos labores preliminares do trazado da vía do tren. A crencia popular é que foi un accidente provocado para eliminalo porque el era partidario de levar o ferrocarril por Verín... Aquí houbo un monumento posto pola familia e logo estoutro da empresa para a que traballaba, en razón de cumprirse 50 anos do suceso.
Vértice Xeodésico e elemento sinalativo importante para as xentes da contorna.
Entre os montes veciñais. Seica nun trazado mal feito por xentes que non coñecían abondo a marxe, por un lado, e aproveitados, por outro. En non tardando moito, tanto terá porque xa non haberá veciños nunha ou nas dúas aldeas propietarias...
De pedra ornamental.
Cartel publicitario dunha obra de nula utilidade práctica pero si pecuniaria para...
Ribeira de praducos serranos.
Prantado de carballo americano.
Pradaría segada, un gusto para a vista!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta