Clait
6 1 10

Coordenadas 145

Fecha de subida 29 de mayo de 2013

-
-
851 m
618 m
0
1,4
2,7
5,45 km

Vista 1202 veces, descargada 4 veces

preto de San Pedro, Galicia (España)

DIFICULTADE: moderada
DURACIÓN: unha hora e trinta minutos debido aos primeiros tramos do camiño.
DISTANCIA: 5,45 km
COTAS: máx.:851 metros; mín.:618 metros.
LUGARES POLOS QUE PASA: San Pedro de Furco, Monte de San Pedro, Monte do Casar, O Casar e Río Porto.
TIPO DE TERREO: Asfalto, pistas de monte e pistas estreitas.
PUNTOS DE INTERESE: O Regueiro, a Carrilleira, Límite do monte de San Pedro co do Casar, souto e regato do Casar, regato de Río Porto e a A6.
DESCRICIÓN DO RECORRIDO:

Partimos da casa do Regueiro, é dicir, a casa de Claudia. O primeiro punto de interese é a fonte e o lavadeiro de San Pedro. Contén un bebedeiro para as vacas, un espazo onde se lavaba a roupa antigamente e a propia fonte para coller auga. Abandoamos o asfalto para seguir a camiñar por unha pista de terra e pedras, este tramo ten unha pendente máis ou menos do 15%. Continuamos a camiñar ata chegarmos ao alto do monte de San Pedro onde son contempladas unhas vistas estupendas, vendo asi, no horizonte, ao lonxe a carreteira xeral que nos leva a Baralla. Continuamos a camiñar e atopámonos con outros dous puntos de interese que separan os montes do Casar e de San Pedro. Un destes puntos e o cortafogos que se sitúa xustamente enriba do casar. A continuación empézanos a alibiar un pouco a tensión da camiñata, xa que nos atopamos baixando cara o pobo do Casar. Nesta baixada sitúase outro puto da nosa interese que é o souto do Casar que e un souto moi lonxevo e que toda a xente da nosa zona coñece. Despois seguimos coa baixada ata atoparnos coa autovía A6 tendo que cruzala por debaixo. ( Antes de cambiar de asfalto a pista de terra, ao principio da camiñata tamén cruzamos a autovía A6 para chegar ao noso monte). Continuamos e chegamos ao pobo do Casar, con sete casas aproximadamente, seguimos para adiante e chegamos a outro punto da nosa interese, e un rego ao que lle chaman Río Porto. A continuación seguimos ata chegar a San Pedro e ata atopar de novo o primeiro punto de interese que era a fonte do Regueiro. Seguimos cara adiante ata atoparnos coa casa de Claudia que foi o noso punto de partida.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta