Tempo  2 horas 24 minutos

Coordenadas 1287

Fecha de subida 5 de marzo de 2016

Fecha de realización marzo 2016

-
-
923 m
698 m
0
1,9
3,7
7,48 km

Vista 1193 veces, descargada 9 veces

preto de Berredo, Galicia (España)

Alto de San Cibraro
Atópase nun lugar elevado desde o cal se pode observar o val do río Arnoia, así como a gran depresión da Limia, polo que goza dunhas marabillosas vistas panorámicas. No mesmo lugar podemos atopar unha capela con restos visigóticos, datada no século VIII, dous sepulcros do século VII, dous dólmenes con 5000 anos de antigüidade, dous templos pagáns e restos dun castro celta.
Concello da Bola: Xeograficamente, o termo municipal sitúase nun territorio de media montaña, nas últimas estribación da Serra do Leboreiro, formada polos cumes do Furriolo, Monte Calvo e San Cibrao, de substrato rochoso granítico, no que predominan os terreos chairos, situándose a maioría do territorio entre os 500 e os 600 metros cunha altitude máxima de 914 metros no alto do monte do San Cibrao, ao oeste, e unha mínima de 300 metros no regato de Fechiñas, xa no límite con Celanova e A Merca, ao noroeste.
Un percorrido bonito, moi fácil e cunhas vistas fantásticas desde o alto de San Cibrao cun pouco de frío e por momentos auganeve.
Recoméndovos o Blogue Á SOMBRA DE BOUZA PANDA para coñecer un pouco máis sobre esta paraxe

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta