Tiempo en movimiento  3 horas 11 minutos

Tempo  8 horas 31 minutos

Coordenadas 2596

Fecha de subida 31 de enero de 2020

Fecha de realización junio 2000

-
-
178 m
-66 m
0
3,7
7,4
14,74 km

Vista 25 veces, descargada 0 veces

preto de San Sebastián de la Gomera, Canarias (España)

Ruta de ida e volta ata a praia de El Cabrito dende San Sebastián. Sáese pola GM 2 cara a central eléctrica (térmica), pasando a carón do seu valado. O camiño está ben delimitado e é imposible perderse porque forma parte do GR 132, a ruta de grande percorrido que vai pola costa (hai outro polos cumes).
Aínda que pensei que sería unha ruta aborrecida por decorrer por unha zona de escasa vexetación (comparado cos cavancos da zona norte, sobre todo), non o foi en absoluto. Tanto as paisaxes que se van vendo, primeiro da capital insular, da illa de Tenrife, da vexetación, orografía, e xeoloxía da zona, coma logo avistar a praia da Guancha ou logo a tremenda subida cara El Cabrito ou a vista desta finca e do barranco no que se asenta, dan interese ao camiño.
Para quen non coñeza, como me pasaba a min antes de investigar para camiñar pola zona, El Cabrito é actualmente un hotel e finca agrícola na embocadura dun barranco cara o mar. É un pequeno oasis verde entre altos cantís e ladeiras de forte pendente. Non hai estrada nin camiño de roda para chegar alí. Só se pode acceder por mar (tén un pequeno periao) ou a pé. En tempos pasados, aquí estableceuse un grupo (ao que se cualifica de secta) que defendía o amor libre e sen ataduras, a abolición da propiedade particular, etc. Rematou mal, co seu lider condenado por facer sexo con menores.
Voltando a ruta e ao seu interese, en El Cabrito hai sombra onde poder comer o bocata e unha praia de coios, non moi xeitosa, pero onde poder tomar un baño e o sol. Aínda que figura nas guías como nudista, non vin a ninguén espid@ pero non hai problema en poñerse en coiros poque é grande e non está concurrida. Polo menos na miña experiencia. Tamén a de La Guancha aparece como lugar onde facer nudismo pero as poucas persoas que estaban nela neste día estaban con roupa... Isto faime reflexionar sobre a incoherencia de ir a lugares afastados e de difícil chegada para logo sucumbir aos convencionalismos e represións sociais.
Como se ve no perfil e nos datos, hai uns lugares con forte pendente e mesmo vertixinosos. É, polo tanto, unha ruta con certa dureza, aínda que asumible por camiñantes con boa forma física e experiencia, por iso a cualifico de "moderada".
A ruta é un bo plano para un día dende San Sebastián gozando de tranquilidade e facendo exercicio. Recoméndoa.
foto

Inicio. GM 2

Pódese comezar en calquera punto de San Sebastián, porque é unha vila pequena.
Arquitectura religiosa

Ermida Concepción

Porque hai indicacións, se non parece un pendello calquera...
Risco

Térmica

Contaminación!
panoramica

Panorámica de S. Sebastián

foto

Secarral

Río

Barranco El Revolcadero

Intersección

Desvío a miradoiro naturral.

panoramica

Moxón e vistas

panoramica

Panorámica de La Guancha

foto

Barranco

Praia

Praia La Guancha

Información

Poste e vistas

foto

Socalcos

Risco

Petón

Intersección

Cruce de rutas

panoramica

Avistando Cabrito

Praia

Praia

fuente

Fonte

Waypoint

Servicios

Loxicamente pensados para @s usuari@s do complexo, pero non están pechados nin nada indica que non poidan usarse...
panoramica

Miradoiro cara o Teide

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta