Tempo  2 horas 54 minutos

Coordenadas 1488

Fecha de subida 30 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

-
-
225 m
29 m
0
3,7
7,4
14,82 km

Vista 107 veces, descargada 6 veces

preto de Fruime, Galicia (España)

Precioso e frio domingo o que nos xuntou a case 400 persoas para realizar esta andaina, compartida principalmente por un trail, organizado polo Clube Lousame Deporte - Concello de Lousame e coa axuda entre outros do Grupo Trabandainas de Noia (un pracer coñecer en persoa a dous membros , saúdos Pilar e Dosil). Aproveitouse a proba para recaudar cartos para a asociación Galega de Heteroplasia Ósea progresiva, acadando preto de 2700€. Á primeira hora da mañá achegámonos ata o Campo de Fútbol de Cruído na
Silva, para aí deixar o coche. En autobuses achegáronnos ao lugar de saída que era no poboado da mina de San Finx.
Nas Minas de San Finx realizouse unha importante e interesante labor de restauración do Poboado e o seu máis que interesante Museo ensinarannos como vivían e traballaban os “buscadores” do wolfram. Estas minas foron de gran importancia durante as distintas guerras xa que o wolfram e o estaño eran de gran importancia na industria armamentística. O mercado alemán e o inglés eran os grandes consumidores duns minerais que en épocas bélicas estaban suxeitos a unhas enormes alteracións de cotización, o que facía que, do mesmo xeito que co ouro, puidésese falar dunha auténtica “febre do wolfram”. Merece
moito a pena vir de visita só para poder velo con calma. Dispón dun Centro de Interpretación onde atoparás información sobre as minas de San Finx de Lousame. Conta cunha serie de paneis explicativos e informativos sobre as minas desde o punto de vista xeolóxico, mineiro, histórico, etc.
No exterior, ao longo da ruta establecida, hai unha serie de paneis que van informando ao visitante. Realízanse actividades paralelas como certames, xornadas, exposicións, etc.
Volvendo á ruta en se, arrincamos desde o poboado da mina aproximadamente ás 10.05 da mañá, guiados na parte dianteira e pechando por membros dos Trabandainas, e no interior do grupo por membros sanitarios. Desde ahi o camiño levounos case todo o tempo por camiño en moi bo estado, nalgunhas zonas moi cuberto de auga e barro, pero en xeral moi ben, ata chegar á primeira aldea de hoxe Filgueira. Pasada esta fomos en direccion de Maxide e despois ata Carantoña, xusto antes de chegar a esta última teniamos o habituallamiento. Continuamos o noso camiño ata chegar á Silva, onde nos esperaba o final no polideportivo con petiscos e bebidas. Estupenda organizacion e bonita ruta.
Para realizala é necesario ou GPS ou mapa con track debuxado , xa que non existen marcas fóra das instaladas para o evento de hoxe.


Valoracion mide:



horario3h 40'
desnivel de subida 277 m
desnivel de bajada 427 m
distancia horizontal 14,8 Km
tipo de recorrido Travesí­a

severidad del medio natural 1
orientacion en el itinerario 3
dificultad en el desplazamiento 2
cantidad de esfuerzo necesario 3

Condiciones de tres estaciones, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.

Calculado sobre datos de 2018.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta